Fronte Polisario: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m →‎top: Arranxos varios
Liña 15:
Tras os acordos de Madrid do [[14 de novembro]] de 1975 polos que España cedeu o Sáhara Occidental a Marrocos e Mauritania, a guerrilla continúa combatendo aos países veciños que se repartiron o territorio, logrando o [[5 de agosto]] de [[1979]] que [[Mauritania]] cedese a súa parte do Sáhara Occidental ao Polisario, pero isto non é recoñecido por [[Marrocos]], que se anexiona esa zona.
 
Dende 1975, a organización ten o seu centro de operacións en [[Tinduf]], territorio [[Alxeria|alxerianoalxeria]]no, e mantén un amplo apoio no interior do Sáhara español e entre os estudantes saharauís nas [[Canarias]] e [[Madrid]]. O mesmo ano as [[Nacións Unidas]] recoñecen o movemento. En febreiro de [[1976]] a Polisario proclama a '''[[República Árabe Saharauí Democrática]] (RASD)''' cun goberno no exilio. A RASD é membro da [[Unión Africana]]. Foi recoñecida como estado por 66 países, a maioría africanos ou latinoamericanos. Outros moitos estados non recoñecen ao Sáhara Occidental pero si o Polisario como representante do pobo saharauí.
 
Os combates seguen durante 1976 e 1977, época durante a que a FP conta cuns 10.000 homes armados, atacando as localidades nas que se estableceran os marroquís e mauritanos e as instalacións de Fosbucrá, pero tamén o sur de Marrocos. Marrocos perdeu neses anos 20 avións e helicópteros, 600 vehículos e perdeu uns 4.200 homes, mentres Mauritania perdía 1.600 homes, segundo datos do Polisario. ata o [[6 de setembro]] de [[1991]], día en que se acorda un alto o [[fogo]] trala creación dos [[Muro marroquí|muros marroquís]].