Diferenzas entre revisións de «Luteína»

m
m (Bot: Cambio o modelo: Cite journal; cambios estética)
m (→‎Dexeneración macular: Arranxos varios)
Varios estudos indicaron que o incremento na pigmentación na mácula diminúe o risco de ter doenzas oculares como a [[dexeneración macular]] relacionada coa idade (AMD).<ref name="Richer1999">{{Cita publicación periódica |author=Richer S |title=ARMD—pilot (case series) environmental intervention data |journal=J Am Optom Assoc |volume=70 |issue=1 |pages=24–36 |date=January 1999 |pmid=10457679}}</ref><ref name=Richer2004>{{Cita publicación periódica |author=Richer S, Stiles W, Statkute L, et al. |title=Double-masked, placebo-controlled, randomized trial of lutein and antioxidant supplementation in the intervention of atrophic age-related macular degeneration: the Veterans LAST study (Lutein Antioxidant Supplementation Trial) |journal=Optometry |volume=75 |issue=4 |pages=216–30 |date=April 2004 |pmid=15117055}}</ref><ref name="Age2001">{{Cita publicación periódica |author= |title=A randomized, placebo-controlled, clinical trial of high-dose supplementation with vitamins C and E, beta carotene, and zinc for age-related macular degeneration and vision loss: AREDS report no. 8 |journal=Arch. Ophthalmol. |volume=119 |issue=10 |pages=1417–36 |date=October 2001 |pmid=11594942 |pmc=1462955 |author1= Age-Related Eye Disease Study Research Group |doi=10.1001/archopht.119.10.1417}}</ref> O único ensaio clínico aleatorizado que demostrou un beneficio da luteína na dexeneración macular foi un pequeno estudo no cal os autores concluíron que a función visual mellora coa luteína (soa ou xunto con outros nutrientes) e tamén que eran necesarios maiores estudos.<ref name=Richer2004/>
 
Hai probas epidemiolóxicas de que existe unha relación entre as concentracións baixas no [[plasma sanguíneo]] de luteína e zeaxantina, e un incremento do risco de desenvolver [[dexeneración macular relacionada coa idade]] (AMD).
 
En 2013, informouse en JAMA dos resultados do Estudo 2 de enfermidades oculares relacionadas coa idade (AREDS2, do inglés ''Age-related Eye Disease Study 2''). O estudo AREDS2 foi un estudo que duron cinco anos deseñado para comprobar se a formulación [[AREDS]] orixinal que se vira que reducía a progresión de dexeneración macular relacionada coa idade nun 25% podería ser mellorada engadindo algúns dos seguintes compoñentes: ácidos graxos [[omega-3]]; luteína e zeaxantina; retirando o [[beta-caroteno]]; ou reducindo o [[cinc]].<ref name="AREDS2">http://www.nei.nih.gov/news/pressreleases/050513.asp</ref> No AREDS2, os participantes tomaron unha destas catro formulacións AREDS: a formulación AREDS orixinal, a formulación sen beta-caroteno, o AREDS baixo en cinc, e o AREDS sen beta-caroteno e baixo en cinc.<ref name="AREDS2" /> Ademais, tomaban unha de catro suplementacións ou combinacións adicionais, entre as que estaban a luteína e zeaxantina (10&nbsp;mg e 2&nbsp;mg), ácidos graxos omega-3, luteína/zeaxantina e ácidos graxos omega-3, ou placebo.<ref name="AREDS2" /> O resultado foi que non se observaba un beneficio adicional global ao engadir ácidos graxos omega-3 ou luteína e zeaxantina á formulación.<ref name="AREDS2" /> Porén, o estudo atopou beneficios en dous subgrupos de participantes: os que non tomaron beta-caroteno, e os que tiñan pouca luteína e zeaxantina na súa dieta.<ref name="AREDS2" /> A eliminación do beta-caroteno non freaba os efectos protectores da formulación contra o desenvolvemento de dexeneración macular avanzada relacionada coa idade en estado avanzado, o cal era importante porque as altas doses de beta-caroteno foran ligadas cun alto risco de padecer cancro de pulmón en fumadores.<ref name="AREDS2" /> Recomendouse substituír o beta-caroteno por luteína e zeaxantina en futuras formulacións.<ref name="AREDS2" />
393.002

edicións