Herma: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
Homónimo
m →‎Forma: Arranxos varios
Liña 23:
 
[[Ficheiro:Herodot und Thukydides.jpg|dereita|miniatura|Busto dobre de [[Herodoto]] e [[Tucídides]].]]
Un tipo especial de herma era a chamada '''herma dobre''', na que sobre a base aparecen dúas cabezas opostas unidas pola [[wktd:caluga|caluga]]. o deus [[Roma|romanoroma]]no [[Xano (deus)|Xano]] representábase a miúdo desta arte, se ben tamén se retrataba a poetas famosos nas hermas dobres. No [[Museo Nazionale Romano]] consérvase unha herma dobre cos retratos de [[Menandro (comediógrafo)|Menandro]] e un poeta ancián, talvez [[Apolonio de Tiana]], ou un dos moitos retratos reconstruídos de [[Homero]], aínda que a súa identidade non está clara.
 
As columnas de pedra rematadas cunha cabeza de muller chámanse '''hermas cariátides''' pola súa semellante coas [[cariátide]]s, que son columnas con forma de muller, incluíndo o corpo. Utilizáronse na arquitectura [[manierista]] do [[século XIX]] tanto na decoración de edificios representativos como en palacios públicos. Estas hermas seguían fielmente o modelo das cariátides do [[Erecteion]] da [[Acrópole de Atenas]], sendo comparativamente raras as do modelo máis antigo de [[koré]] (doncela vestida de pé). A súa contrapartida masculina, o [[Atlante (arquitectura)|atlante]], tamén aparece nesta forma, mais en contraste coas cariátides, acostuma aparecer completamente espido.