Reformas de Mario: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}
Liña 12:
* Achegar o seu propio armamento.
 
Por mor disto, a República non tiña un exército estable. Cando unha guerra ameazaba a cidade os [[cónsul romano|cónsules]] encargábanse de recrutar un exército entre os cidadáns da república elexibles. Como norma, un dos cónsules sería o encargado de dirixir na batalla a este exército practicamente voluntario na súa totalidade.
 
A mediados da República, as lexións compoñíanse das seguintes unidades:
 
* '''Cabalaría''' ou ''[[equites]]''. Esta era orixinalmente a unidade máis prestixiosa, onde só os romanos mozos da primeira e segunda clase comezaban a destacar antes de comezar as súas carreiras políticas. O equipamento preciso era pagado por cada xinete e consistía mun escudo redondo, casco, armadura corporal, espada e unha lanza. A cabalaría era excedida en número na lexión. Nun total de preto de 4.200 homes, había só uns 300 xinetes, divididos en 10 unidades de 30 homes. Ó mando de cada unidade había un [[decurión]].
 
* '''Infantaría lixeira''' ou ''[[vélites]]''. Os ''velites'' eran basicamente lanzadores de xavelina e [[hostigador]]es en xeral e non tiñan unha organización formal precisa ou unha función no [[campo de batalla]]; eran empregados segundo a necesidade. Proviñan dos estratos economicamente máis baixos da sociedade. Eran arredor de 1.200 homes que non tiñan división táctica propia pero para consumo interno eran adscritos, en grupos de 20, ás centurias da tropa de liña.
* '''Infantaría de liña'''. Era a unidade principal da lexión, componíase de cidadáns lexionarios que puideran pagar o equipamento composto de casco de bronce, escudo, armadura corporal que constaba dun cardiophilax, placa de bronce cadrada duns 20cm20 cm de lado que servía para protexer os órganos vitais. Se o seu censo superaba as 10.000 dracmas/denarios entón ían equipados con cota de malla. Tamén tiñan dúas xavelinas, unha lixeira e outra pesada (''[[pilum]]) ademais da espada. Na súa orixe empregaban o ''xiphos'', un tipo de espada curta de orixe grego predecesor do gladius hispaniensis que irían adoptando durante as campañas hispanas da Segunda Guerra Púnica. A infantaría de liña era subdividida de acordo coa experiencia dos lexionarios en tres liñas separadas:
** Os ''[[hastati]]'' (sing. ''hastatus'') eran os máis novos e formaban a liña dianteira, ían armados con dúas ''[[Pilum|pila]]'' (plural de ''pilum''), que servían para inutilizar os escudos inimigos así como desorganizar as súas formacións. Estaban divididos en 10 manípulos de 120 homes cada un, cada manípulo constaba de dúas centurias.
** Os ''príncipes'' (sing. ''[[princeps]]''), homes con idades que roldaban os 30 anos, compoñendo a segunda liña da lexión, ó igual que os primeiros ían armados con dúas "pila" e os usaban do mesmo xeito que os hastati. A súa armadura corporal era máis pesada que a dos hastati e a súa organización e número, o mesmo.