Manuel García Prieto: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
m Arranxos varios
Liña 7:
Rematados os estudos de [[Dereito]], foi fiscal municipal do Xulgado de Madrid e ingresou no Corpo Xurídico Militar, aínda que permaneceu nel pouco tempo. Formouse no bufete de [[Montero Ríos]], de quen foi xenro. Nas filas do [[Partido Liberal Fusionista|Partido Liberal]] foi elixido deputado por Astorga en 1887, e despois da man de seu sogro por [[Santiago de Compostela]] en 1893. Sería deputado por este distrito durante vinte anos ata que finalmente pasou ó Senado.
 
En [[1897]] foi nomeado director xeral do contencioso do Estado e máis tarde subsecretario de Ultramar. En [[1905]] foi ministro de Gobernación no goberno de [[Montero Ríos]] e, ese mesmo ano, de Graza e Xustiza con [[Segismundo Moret]]. Deste último ministerio dimitiu ó considerar submisa a postura de Moret en relación co estamento militar.
 
En 1906 ocupou a carteira de Fomento baixo o goberno do xeneral [[José López Domínguez]] e en 1910, a de Estado baixo a presidencia de [[Canalejas]]. No desempeño deste cargo conseguiu un éxito notable en política internacional asinando un tratado hispano-marroquí en [[1911]], negociando con Francia sobre Marrocos en [[1912]] e logrando que as repúblicas hispanoamericanas tivesen representación no [[Tribunal Internacional de Xustiza da Haia]]. Polas súas xestións na preparación do tratado que permitiu a creación do [[protectorado de Marrocos]] foi nomeado 'Marqués de Alhucemas'.
 
Cando o 12 de novembro de 1912 asasinaron a [[Canalejas]], García Prieto ocuparía durante dous días a presidencia do Consello de Ministros. Ó se escindir o [[Partido Liberal Fusionista|Partido Liberal]] en [[1913]], converteríase no líder do [[Partido Liberal Democrático]], a facción política herdeira de [[Sagasta]] que se opoñía a do [[Conde de Romanones]].
 
Foi designado presidente do [[Senado de España|Senado]] en 1914 e en [[1917]], como consecuencia da crise producida polas Xuntas de Defensa, formou un goberno do que moi en breve se vería obrigado a dimitir. En xullo de 1917 acadou o liderado do Partido Liberal, e en novembro presidiu o primeiro goberno de concentración da monarquía alfonsina tras desencadearse a crise de outubro no goberno de [[Eduardo Dato]]. En maio de [[1918]] unha nova crise conduciría a [[Antonio Maura]] ó poder desempeñando García Prieto a carteira de Gobernación.
 
O 9 de novembro dese mesmo ano formou goberno de novo ata decembro, cando o [[Proxecto da Mancomunidade]] fixo caer o gabinete. Tras o [[desastre de Annual]], aínda dirixiu en 1922 o último goberno constitucional da monarquía. Tentou sen éxito deter o golpe de [[Miguel Primo de Rivera|Primo de Rivera]] do 13 de setembro de [[1923]] pero viuse obrigado a dimitir.
 
Durante a Ditadura, estivo apartado da política, mantendo unha morna oposición ó réxime. Retornaría para formar parte do derradeiro goberno da monarquía e ocupar a carteira de Xustiza e Culto, baixo a presidencia de [[Juan Bautista Aznar-Cabañas]].
Liña 26:
* [http://www.congreso.es/portal/page/portal/Congreso/Congreso/SDocum/ArchCon/SDHistoDipu/SDBuscHisDip?_piref73_1340033_73_1340032_1340032.next_page=/wc/servidorCGI&CMD=VERLST&BASE=DIPH&FMT=DIPHXLSS.fmt&DOCS=1-100&DOCORDER=FIFO&OPDEF=Y&QUERY=%2844890.NDIP.%29 Ficha no Congreso dos Deputados]
* [http://www.culturagalega.org/especiais/letrasgalegas2006/viaxe_rede.php#cuatro García Prieto na estrutura caciquil de Montero Ríos]
 
 
 
{{Sucesión
Liña 51 ⟶ 49:
|sucesor5 = [[Miguel Primo de Rivera]]
}}
 
 
{{Árbore xenealóxica Montero Ríos}}
 
{{ORDENAR:Garcia Prieto, Manuel}}
{{Control de autoridades}}
 
{{ORDENAR:Garcia Prieto, Manuel}}
[[Categoría:Presidentes de España]]
[[Categoría:Ministros de España]]