Diferenzas entre revisións de «FLAC»

m
Arranxos varios
(*audio>son)
m (Arranxos varios)
[[Ficheiro:FLAC logo inverted.png‎|dereita]]
O '''FLAC''' (acrónimo de '''''Free Lossless Audio Codec'''''; en [[Lingua galega|galego]]: '''Códec libre de compresión de son sen perdas''') é un formato de compresión de [[son]] similar ao [[MP3]], que posúe un [[algoritmo]] de compresión que non causa perdas de calidade no son. Traballa dunha maneira similar ao [[Zip]] pero está pensado especificamente para son, e os arquivos comprimidos pódense escoitar cun programa reprodutor como cun arquivo [[MP3]]. A gran vantaxe deste tipo de formatos de compresión de [[MP3]] popular ou prorrogado en tendas que venden descargas de cancións (AAC ou WMA) é que poden reducir o tamaño do arquivo sen perder absolutamente nada de calidade.
 
No mundo profesional o WAV e o PCM son e serán{{cómpre referencia}} os formatos de son máis importantes grazas ao fácil uso no proceso de consolidación e o alto grao de fiabilidade. Pero na música que temos nas nosas bibliotecas, iso é improbable, debido á gran cantidade de espazo que ocupa.
O '''Formatos Lossless''' é un termo xenérico para calquera tipo de arquivo dixital, que reduce o tamaño sen perda de datos. Por exemplo, o '''FLAC''' (Free Lossless Audio Codec) aplica unha redución de tamaño do arquivo de son moito menor do que é utilizado en formatos lossy como o MP3 ou [[WMA]], pero mantén íntegro o importe de información. Na práctica, os formatos sen perdas empregan un algoritmo baseado na predición lineal para converter mostras en conxuntos menores de números non correlacionados, o que sumado á codificación por lonxitude da pista, que aproveita os silencios e os lugares onde a representación numérica de son presenta repeticións, reduce o tamaño do arquivo.
 
Exemplo de codificación en PCM, onde nun silencio úsase unha cantidade de mostras fixas. Exemplo de codificación en FLAC, onde aplícase unha codificación por lonxitude de pista, tomando tan so unha mostra ó inicio e unha ó fin dos datos repetitivos.
 
[[Ficheiro:Son_mostreo.png]]
* Axeitado para arquivar: FLAC é un formato aberto, e non se producen perdas se precisas converter os teus datos a outro formato no futuro. Ademais ao [[CRC]] de cada cadro e á sinatura [[MD5]], FLAC ten unha opción de verificación que descodifica o fluxo de datos codificados en paralelo ao proceso de codificación e compara o resultado ao orixinal, abortando con un erro se os datos non son iguais.
* Práctico para arquivar CD: FLAC ten metadatos de "cue sheet" para gardar a táboa de contidos dun CD e todos os puntos de pista e índice. Por exemplo, podes converter un CD nun só arquivo, importar a cue sheet do CD durante a codificación para conseguir unha representación do CD nun só arquivo. Se o teu CD orixinal resulta danado, a cue sheet pode ser exportada máis adiante para poder gravar unha copia exacta.
* Resistente aos erros: Debido ao encadrado de FLAC, os erros de fluxo limitan o dano ao [[cadro]] no que o erro ocorreu, normalmente unha pequena fracción dun segundo de datos.
 
==Diferenzas MP3 e FLAC==
Principalmente, a codificación MP3 reduce o rango dinámico irrelevante e se aproveita da incapacidade do sistema auditivo para detectar erros de cuantificación en termos de enmascaramento, é dicir, enmascara os erros de cuantización co nivel das súas frecuencias veciñas.
 
Isto faise en base a un método chamado "Predición polinómica", que analiza o sinal de son e prevé a cantidade de ruído de cuantización que pode ser inducida en función da frecuencia, obtendo así un limiar de enmascaramento, aproveitando que o noso sistema auditivo non pode determinar os cambios de frecuencia que están dentro de un 1 / 3 de oitava, pola mesma razón os ecualizadores gráficos teñen bandas de 1 / 3 de oitava. Este proceso faise a través dun análise discreto mediante unha serie de Fourier, a través do algoritmo de transforma rápida de Fourier (FFT).
 
No caso de producir un ruído branco e codificalo en FLAC e en MP3 para analizar os espectros de frecuencia pódese observar coma o FLAC é máis escuro có MP3, debido a que ten a enerxía en cada frecuencia de maneira uniforme. Ademais pódese notar que o codificar en MP3 aplícase un filtro “corta altos” dun orde que tende a infinito, cunha frecuencia de corte nos 15,kHZ, polo que non existe enerxía en frecuencias superiores a 15,5  kHz. O problema é que noso oído é capaz de percibir frecuencias de ata 20kHZ, polo que isto provocará unha perda de coloración no son resultante ó ser escoitado en sistemas de alta fidelidade.
 
[[Ficheiro:Ruido_blanco.png‎]]
393.002

edicións