Catedral de Granada: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Picture of the facade of the cathedral
m Arranxos varios
Liña 1:
[[Ficheiro:Spain Andalusia Granada BW 2015-10-25 13-20-43.jpg|miniatura|dereita|225px|Fachada e torre da Catedral de Granada]]
A '''Catedral da Encarnación de Granada''' é un templo católico da cidade [[España|española]] de [[Granada]], sé da [[diocese de Granada|diocese da cidade]]. O templo é unha das obras cimeiras do [[Renacemento]] español.
 
== Historia ==
Co reinado de [[Carlos I de España]] levaranse a ramo numerosas construcións na cidade de [[Granada]], dada a intención do monarca de converter a urbe no modelo de cidade do [[século XVI]]. Así a construción da catedral de Granada será coetánea das do [[Palacio de Carlos V|palacio cristiano de la Alhambra]], da [[Universidade de Granada|Universidad]] e da [[Chancelaría]] (tribunal supremo).
 
A obra é concibida en [[1523]] por [[Enrique Egas]], tomando como modelo a [[catedral de Santa María de Toledo|Catedral de Toledo]]. Mais será [[Diego de Siloé]] quen, en [[1529]], se encargará das obras, que se concluirán en [[1537]]. O autor traza con liñas renacentistas todo o edificio sobre os alicerces [[arquitectura gótica|góticos]], con [[deambulatorio]] e cinco [[nave (arquitectura)|naves]], en vez das tres habituais. Combina ademais na súa estrutura elementos doutros estilos arquitectónicos.
 
Coa política centralista de [[Filipe II de España|Filipe II]] e, especialmente, no reinado de [[Filipe III de España|Filipe III]], coa [[expulsión dos mouriscos]] en [[1609]], a rexión perderá gran parte da súa forza económica, quedando relegada fronte outros centros locais. Porén, si se continuarán a desenvolver proxectos artísticos de importancia. É o caso da reforma da [[fachada]] principal, en 1664, emprendida por [[Alonso Cano]] (1601 – 1667), pola que se introducen elementos [[Barroco|barrocosbarroco]]s.
 
A magnificencia do proxecto sería aínda maior de erguérense as dúas grandes torres de 81 metros de altura, previstas en plano. O proxecto non foi terminado por diversos problemas, entre eles a morte de Alonso Cano en 1667, ademais doutros económicos, polo que finalmente, en 1684, a Catedral quedou cunha torre única, formada só por tres corpos, en lugar dos seis previstos, e con 57 metros de altura.