Diferenzas entre revisións de «Basílica de Nosa Señora do Pilar de Zaragoza»

m
→‎top: Arranxos varios
m (→‎top: Arranxos varios)
A historia documentada do templo remóntase ao [[século IX]], cando segundo a ''Historia do traslado de San Vicente'' de Aimoino, se testemuña a existencia dunha igrexa [[Arte mozárabe|mozárabe]] en [[Taifa de Zaragoza|Saraqusta]] dedicada a Santa María no mesmo lugar no que actualmente se encontra a basílica barroca. En torno a este templo articulábase unha das comunidades de cristiáns da cidade.
 
Arquitectonicamente, o templo articúlase en tres naves, de igual altura, cubertas con bóvedas de canón, nas que se intercalan cúpulas e bóvedas de prato, que descansan sobre robustos piares. O exterior é de [[ladrillo]], seguindo a tradición de construción en ladrillo aragonesa, e o interior revogado en estuco. A nave central áchase dividida pola presenza do [[altar maior]] baixo a cúpula central. O altar está presidido polo gran retablo maior da Asunción, pertencente á Igrexa anterior, realizado polo escultor [[Damián Forment]] no [[século XVI]], seguindo os modelos impostos do retablo gótico da veciña [[Catedral do Salvador de Zaragoza|catedral zaragozana do Salvador]] (A Seo). Baixo as outras dúas cúpulas elípticas da nave central, dispúxose a Santa Capela da [[Virxe do Pilar]], e o coro e órgano, que tamén procedían da igrexa gótica predecesora. Actualmente encóntranse desprazados ao tramo dos pés do templo, para dotar de maior espazo os fieis que ocupan a nave dende o altar maior.
 
O Pilar ostenta o rango de [[catedral]] dende a Bula de Unión de [[1676]], compartindo dende entón a sede do arcebispo de Zaragoza coa veciña catedral do Salvador. En [[1948]], o Papa [[Pío XII]] concedeulle o título de [[Basílica]]. É ademais dende 2007, un dos 12 Tesouros de España.
393.002

edicións