Fútbol Club Barcelona (balonmán): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
HacheDous=0 (conversa | contribucións)
m Arranxos varios
Liña 44:
A sección de balonmán fundouse oficialmente o [[29 de novembro]] de [[1942]] da man dos directivos Joan Padró e Josep Tost, a pesar de que se teñen referencias de partidos amigables disputados polo FC Barcelona dende os anos 30.
 
Orixinariamente este deporte xogábase en campos de [[fútbol]] e con once xogadores, e non foi ata a década dos 50 cando se comezou a practicar na modalidade actual, con equipos de sete xogadores e en pista cuberta.
 
Os éxitos do balonmán comezaron ben cedo. Conseguiu o dobrete do [[Campionato de Cataluña de Balonmán a 11|Campionato de Cataluña]] e de [[Campionato de España de Balonmán a 11|España]] durante tres tempadas consecutivas a mediados dos anos 40. Estes triunfos completáronse con dous dobretes máis en [[1949]] e [[1951]]. Na década dos 50, o equipo azulgrana gañou catro campionatos máis de Cataluña e un de España.
 
=== Consolidación do balonmán a 7 ===
Os primeiros éxitos na nova modalidade de sete xogadores e en pista cuberta tardaron en chegar, de feito o equipo blaugrana tivo que agardar ata finais da década dos 60, en concreto ata a tempada [[1968]]-[[1969|69]], cando conseguiu o dobrete de [[Liga ASOBAL|Liga]] e [[Copa do Rei de Balonmán|Copa do Rei]]. A construción e inauguración do Palau Blaugrana, que ofreceu un espazo propio e maior para as seccións en pista cuberta do FC Barcelona, serviu para consolidar o novo modelo. Se ben durante a década dos 70, onde dominaban o [[BM Granollers|Granollers]], o [[Club Balonmano Calpisa|Calpisa]] e o [[Atlético de Madrid (balonmán)|Atlético de Madrid]], só se conseguiron dúas Copas e unha Liga.
 
=== A época dourada e o dominio europeo ===
A década dos 80 comezou con dous títulos de Liga e unha Copa do Rei, e coincidindo coa chegada de [[Valero Rivera]] a dirección técnica do equipo en [[1984]] foi cando comezou unha época ateigada de títulos. Dende aquela e durante dúas décadas, a sección conseguiu numerosos éxitos tanto nas competicións españolas como en Europa. O FC Barcelona foi o claro dominador do balonmán español, conseguindo cinco títulos de liga de xeito consecutivo entre [[1987]] e [[1992]] e outras cinco dende [[1995]] ata o [[2000]], ademais de proclamarse nove veces campión da Copa do Rei ata o ano [[2000]].
 
A hexemonía do Barcelona nas competicións españolas traduciuse tamén a nivel continental. O conxunto culé, liderado por Serrano e Sagalés, gañou tres [[Recopa de Europa de balonmán|Recopas de Europa]] consecutivas a mediados dos 80. Ademais, se conquistou a súa primeira Copa de Europa en [[1991]] e dúas Recopas consecutivas a mediados dos 90. Dende [[1996]] ata o [[2000]], o equipo de Valero Rivera conquistou cinco [[EHF Copa de Europa|Copas de Europa]] de xeito consecutivo, algo que nunca ningún outro equipo conseguira e que dificilmente se repetirá. Este dominio completouse con catro [[Supercopa de Europa de balonmán|Supercopas de Europa]] consecutivas.
 
=== O final dunha época ===
Liña 114:
=== Títulos europeos ===
* '''8 [[EHF Copa de Europa|Copas de Europa]]''': [[Copa de Europa de balonmán 1990-91|1990-91]], [[Copa de Europa de balonmán 1995-96|1995-96]], [[Copa de Europa de balonmán 1996-97|1996-97]], [[Copa de Europa de balonmán 1997-98|1997-98]], [[Copa de Europa de balonmán 1998-99|1998-99]], [[Copa de Europa de balonmán 1999-00|1999-00]], [[Copa de Europa de balonmán 2004-05|2004-05]], [[Copa de Europa de balonmán 2010-11|2010-11]]
 
* '''5 [[Recopa de Europa de balonmán|Recopas de Europa]]''': 1983-84, 1984-85, 1985-86, 1993-94, 1994-95
 
* '''1 [[Copa EHF]]''': 2002-03
 
* '''5 [[Supercopa de Europa de balonmán|Supercopas de Europa]]''': 1997, 1998, 1999, 2000, 2004
 
* '''12 [[Liga dos Pireneos|Ligas dos Pireneos]]''': 1997, 1998, 1999, 2000, 2001, 2003, 2005, 2006, 2007, 2009, 2010, 2011
=== Títulos nacionais ===
* '''20 [[Liga ASOBAL|Liga ASOBAL/Liga Española]]''': [[División de Honra de balonmán 1968/69|1968-69]], [[División de Honra de balonmán 1972/73|1972-73]], [[División de Honra de balonmán 1979/80|1979-80]], [[División de Honra de balonmán 1981/82|1981-82]], [[División de Honra de balonmán 1985/86|1985-86]], [[División de Honra de balonmán 1987/88|1987-88]], [[División de Honra de balonmán 1988/89|1988-89]], [[División de Honra de balonmán 1989/90|1989-90]], [[Liga ASOBAL 1990/91|1990-91]], [[Liga ASOBAL 1991/92|1991-92]], [[Liga ASOBAL 1995/96|1995-96]], [[Liga ASOBAL 1996/97|1996-97]], [[Liga ASOBAL 1997/98|1997-98]], [[Liga ASOBAL 1998/99|1998-99]], [[Liga ASOBAL 1999/00|1999-00]], [[Liga ASOBAL 2002/03|2002-03]], [[Liga ASOBAL 2005/06|2005-06]], [[Liga ASOBAL 2010/11|2010-11]], [[Liga ASOBAL 2011/12|2011-12]], [[Liga ASOBAL 2012/13|2012-13]]
 
* '''17 [[Copa do Rei de Balonmán|Copas do Rei]]''': 1968-69, 1971-72, 1972-73, 1982-83, 1983-84, 1984-85, 1987-88, 1989-90, 1992-93, 1993-94, 1996-97, 1997-98, 1999-00, 2003-04, 2008-09, 2009-10
 
* '''7 [[Copa ASOBAL|Copas ASOBAL]]''': 1994-95, 1995-96, 1999-00, 2000-01, 2001-02, 2009-10, 2011-12
 
* '''14 [[Supercopa de España de Balonmán|Supercopas de España]]''': 1986-87, 1988-89, 1989-90, 1990-91, 1991-92, 1993-94, 1996-97, 1997-98, 1999-00, 2000-01, 2003-04, 2006-07, 2008-09, 2009-10
 
* '''6 [[Campionato de España de Balonmán a 11|Campionatos de España a 11]]''': 1944-45, 1945-46, 1946-47, 1948-49, 1950-51, 1956-57
 
=== Títulos rexionais ===
* '''10 [[Campionato de Cataluña de Balonmán a 11|Campionatos de Cataluña a 11]]''': 1943-44, 1945-46, 1946-47, 1948-49, 1950-51, 1956-57
 
* '''12 [[Liga Catalá de Balonmán|Ligas catalás]]''': 1981-82, 1982-83, 1983-84, 1984-85, 1986-87, 1987-88, 1990-91, 1991-92, 1992-93, 1993-94, 1994-95, 1996-97