Costámero: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Cambio o modelo: Cite journal
m →‎top: Arranxos varios
Liña 22:
 
[[Ficheiro:Costamere structure in mouse quadriceps - journal.pone.0002604.g003-cropped.png|miniatura|Cuadríceps de rato marcado con anticorpos policlonais para a [[distrofina]], sinalando a posición dos costámeros.]]
O '''costámero''' é un compoñente estrutural e funcional das células do [[músculo estriado]]<ref>{{MeshName|Costameres}}</ref> que conecta o [[sarcómero]] do interior da célula coa [[membrana plasmática]]<ref>{{Cita publicación periódica | doi = 10.1101/gad.1472506 | url = http://genesdev.cshlp.org/content/20/17/2327.full| title = Stretching to meet needs: integrin-linked kinase and the cardiac pump| journal = Genes & Dev. | author =| date =| year = 2006 | publisher =| pages = 2327–2331| pmid = 16951248 | last1 = Srivastava | first1 = D. | volume = 20 | issue = 17 | last2 = Yu | first2 = S}}20: 2327-2331. </ref> e coa [[matriz extracelular]].<ref name=Peter>Peter AK, Cheng H, Ross RS, Knowlton KU, Chen J. The costamere bridges sarcomeres to the sarcolemma in striated muscle. Prog Pediatr Cardiol. 2011 May;31(2):83-88. PMID 24039381</ref>
 
Os costámeros son ensamblaxes de proteínas subsarcolemais aliñadas circunferencialmente en correspondencia co [[disco Z]] (ou liña Z) das [[miofibrila]]s periféricas, ao que están ancorados. Acoplan fisicamente a forza xerada nos sarcómeros co [[sarcolema]] (membrana da célula muscular) nas fibras musculares estriadas, polo que son considerados un dos compoñentes fundamentais da morfoloxía do músculo estriado, e cando están alterados crese que contribúen directamente ao desenvolvemento de varias [[miopatía]]s.<ref>{{Cita publicación periódica| doi=10.1074/jbc.R200021200| author=James M. Ervasti |title=Costameres: the Achilles' Heel of Herculean Muscle |journal=J. Biol. Chem. |volume=278 |issue=13591–13594 |url=http://www.jbc.org/cgi/content/full/278/16/13591| pages=13591–4| year=2003| pmid=12556452}}</ref> Os costámeros manteñen a integridade mecánica do sarcolema e envían sinais relacionados co estrés mecánico no sarcómero e na matriz extracelular.<ref name=Peter/> Os dous principais complexos proteicos descritos nos costámeros son o complexo [[distrofina]]-[[glicoproteína]] e o complexo [[integrina]]-[[vinculina]]-[[talina]].
 
O sarcolema da fibra muscular, ademais de estar unido internamente ao sarcómero por medio do costámero, está unido tamén á [[matriz extracelular]] exterior por conexións entre o costámero e dita matriz por medio do complexo DAG. O '''complexo de glicoproteínas asociadas á distrofina''' ('''DAG''', do inglés ''dystrophin-associated glycoprotein'') contén varias [[proteína de membrana|proteínas de membrana]] [[proteína periférica de membrana|periféricas]] e [[proteína integral de membrana|integrais]], como os [[distroglicano]]s e [[sarcoglicano]]s, que se pensa que son responsables da unión do sistema citoesquelético interno dunha [[fibra muscular]] con proteínas estruturais da matriz extracelular (como o [[coláxeno]] e a [[laminina]]). Por tanto, é unha das características do sarcolema que contribúe a acoplar o [[sarcómero]] co [[tecido conectivo]] extracelular.<ref>{{Cita publicación periódica |author= García-Pelagio Karla, Bloch Robert, Ortega A, Gonzáles-Serratos Hugo |title=Biomechanics of the sarcolemma and costameres in single skeletal muscle fibers from normal and dystrophin- null mice |journal=J Muscle Res Cell Motil |volume=31 |url=http://link.springer.com/article/10.1007/s10974-011-9238-9| pages=323–336| year=2011 |doi=10.1007/s10974-011-9238-9}}</ref> A proteína [[desmina]] pode tamén unirse ao complexo DAG, e algunhas rexións del están implicadas na [[sinalización celular]].