Diferenzas entre revisións de «Primeira guerra carlista»

m
Arranxos varios
(a 1840)
m (Arranxos varios)
 
[[Ficheiro:Carlos María Isidro de Borbón.png|miniatura|180px|[[Carlos María Isidro de Borbón]].]]
 
En España estaba en vigor a Lei sálica dende comezos do [[século XVIII]] que prohibía reinar ás mulleres. O [[31 de marzo]] de [[1830]] Fernando VII promulgou a [[Pragmática Sanción de 1830|Pragmática Sanción]], aprobada o [[30 de setembro]] de [[1789]] por [[Carlos IV de España|Carlos IV]], pero que non se fixera efectiva por razóns de política exterior. A ''Pragmática'' establecía que se o rei non tiña herdeiro varón, herdaría a filla maior. Isto excluía, na práctica, ao infante [[Carlos María Isidro de Borbón|Carlos María Isidro]] da sucesión, por canto xa fose neno ou nena quen nacese da embarazada cuarta esposa do rei, sería o seu heredeiro directo. Desta forma, Isabel (a futura [[Isabel II de España|Isabel II]]), nacida pouco despois, víase recoñecida como herdeira da coroa, con gran desgusto dos partidarios de Carlos, o irmán do rei.
 
En [[1832]], achándose o rei enfermo de gravidade na [[La Granja de San Ildefonso|Granja]], cortesáns partidarios do infante conseguiron que Fernando VII firmara un ''Decreto'' derrogando a Pragmática. Coa melloría da saúde do rei, o Goberno de [[Francisco Cea Bermúdez]] púxoa de novo en vigor. Tras iso, Carlos marchou a [[Portugal]]. No entanto, [[María Cristina de Borbón|María Cristina]], e esposa do rei, nomeada rexente durante a grave enfermidade deste (a herdeira Isabel a penas tiña tres anos nese momento), iniciou un acercamento cara aos [[liberalismo|liberais]] e concedeu unha ampla amnistía para os exiliados, para asegurarse apoios para a súa filla e prefigurando a viraxe político cara ao liberalismo que se produciría á morte do rei.
 
Fernando morreu o [[29 de marzo]] de [[1833]] sen fillos varóns (tivera outra filla, a infanta [[Luísa Fernanda de Borbón|Luísa Fernanda]]) e Isabel foi proclamada raíña baixo a rexencia de [[María Cristina de Borbón-Dúas Sicilias]]. O infante Carlos María Isidro, xunto a outros ''realistas'' que consideraban que o lexítimo herdeiro era o irmán do rei e non a súa filla primoxénita, subleváronse e empezou a [[Primeira Guerra Carlista]]. Con iso fixo a súa aparición o [[carlismo]].
 
A cuestión dinástica non foi a única, tras a [[Guerra da Independencia española|Guerra da independencia]], Fernando abolira a [[Constitución de 1812]], pero tras o [[trienio liberal]] (1820-1823) Fernando VII non volveu restaurar a Inquisición, e nos últimos anos do seu reinado permitiu certas reformas para atraer aos sectores liberais que ademais pretendían igualar as leis e costumes en todo o territorio do reino eliminando os foros e as leis particulares, ao tempo os sectores máis conservadores agrupábanse en torno ao seu irmán Carlos, que si recoñecía os dereitos forais.
*[http://155.210.60.15/ATLAS_HA/80-89/85.html A Primeira Guerra Carlista en Aragón] {{es}}
 
[[Categoría:Guerras]]
[[Categoría:Carlismo]]
393.002

edicións