Evo Morales: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Arranxos varios
Liña 14:
'''Juan Evo Morales Ayma''', nado en [[Orinoca]], [[departamento de Oruro|Oruro]], o [[26 de outubro]] de [[1959]], é un [[político]] [[bolivia]]no, representante durante moitos anos do sector agrario do país, en especial dos [[Erythroxylum coca|cocaleiros]], foi electo ao Congreso en [[1997]], dando inicio a unha meteórica carreira política. En [[2002]] resultou segundo nas eleccións presidenciais por escasa marxe, e triunfou nas [[Elección Presidencial de Bolivia de 2005|eleccións de 2005]] (domingo [[18 de decembro]]). Asume o poder o [[22 de xaneiro]] de [[2006]] como o primeiro mandatario boliviano en ser electo Presidente da República en primeira volta en máis de 30 anos.
 
De orixe [[amerindio]], da etnia [[aimará]], Morales é o representante do sector campesiño da rexión do [[Chapare]] [[Bolivia|bolivianobolivia]]no e dirixente do [[Movemento ao Socialismo (Bolivia)|Movemento ao Socialismo]] (MAIS) - IPSP Instrumento Político pola Soberanía dos Pobos. É xunto a [[Felipe Quispe]], un dos indíxenas máis famosos da historia actual do seu país.
 
== Traxectoria ==
Liña 29:
Malia iso, Morales presentou a súa candidatura para as eleccións presidenciais e lexislativas que se realizarían o [[27 de xuño]]. En marzo, o seu relevo do Congreso foi declarado inconstitucional, aínda que Morales non reclamou a súa banca senón ata despois de que os novos lexisladores asumiron, en agosto de 2002.
 
Malia que segundo as enquisas o partido rexistraba un 4% de intención de voto, o MAIS utilizou os seus recursos nunha campaña imaxinativa, que incluíu remeiras, gorras, pelotas de béisbol... Un controvertido aviso televisivo do partido mostraba a unha boliviana que exhortaba a "votar segundo a conciencia de cada un, e non segundo o que indique o xefe de cada un", ademais de incluír en varios outros a xenuínos campesiños, mestizos e orixinarios que afirmaban "Imos votar por nós mesmos. Votaremos polo MAIS", capitalizando a condición de ser o primeiro candidato presidencial indíxena a favor de Morales. O slogan oficial da campaña foi "Somos Pobo, Somos MAIS", nun xogo de palabras logrado coas siglas do partido político que acubillaba a Morales; isto, xunto á crítica do embaixador estadounidense nesa ocasión e o chamamento a non votar por Morales, converteuse sen querer nun levantamento, pola hostilidade existente entre as clases populares [[Bolivia|bolivianasbolivia]]nas e [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]].
 
Nas eleccións presidenciais, o MAIS obtivo un sorprendente segundo lugar, deixando a Morales moi preto de converterse en presidente de Bolivia.
Liña 76:
 
{{ORDENAR:Morales, Evo}}
 
[[Categoría:Presidentes de Bolivia]]
[[Categoría:Nados en 1959]]