Caoba: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎top: Arranxos varios
Liña 16:
}}
 
A '''caoba'''<ref>{{DRAG|caoba}}</ref> é o nome comercial utilizado para designar madeiras de orixe tropical de especies de árbores pertencentes á familia das [[Meliaceae|meliáceas]], coma a caoba común (''[[Swietenia mahagoni]]''). A principal característica desta madeira é a súa cor, que vai do arroibado escuro, viño tinto e con tons máis claros segundo a variedade, até o rosado.
 
O termo '''caoba''' empregouse, primeiramente, para referirse á madeira da especie ''[[Swietenia mahagoni]]'', nativa do [[Caribe (rexión) |Caribe]] e do sur de Florida. A denominación mais tarde foi alargada para a madeira das especies ''[[Swietenia macrophylla]]'', unha árbore das costas atlánticas de América Central e América do Sur, até o sur de Bolivia; e ''[[Swietenia humilis]]'', orixinaria das costas do Pacífico de América central. Son as coñecidas como “caobas americanas”.
 
Non obstante, o termo pasou a ser tamén empregado para nomear outras madeiras tropicais con coloración e densidade semellantes, procedentes de [[África]] [[clima tropical|tropical]] e [[Madagascar]] que, sen seren realmente caoba, adoitan chamárense “caobas africanas”, e pertencen a diferentes xéneros botánicos:
 
* ''[[Khaya]]'' (emparentado co xénero ''[[Swietenia]]''), como a [[''Khaya ivorensis'']];