Beira Alta: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Vivaelcelta (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m →‎top: Arranxos varios
Liña 2:
 
[[Ficheiro:Provincia Beira Alta.png|miniatura|150px|Provincia da Beira Alta em 1936]]
A '''Beira Alta''' é unha antiga [[provincia]] [[Portugal|portuguesa]], creada, en [[1832]], pola subdivisión da antiga provincia da [[Beira, Portugal|Beira]], pasando a ser constituída polas [[comarca]]s de [[Viseu, Portugal|Viseu]], [[Lamego, Portugal|Lamego]] e [[Trancoso]]. A provincia dispuña dun representante do goberno central - o [[prefecto]] - e de un órgano electo localmente - a [[xunta xeral de provincia]]. Nas comarcas que non acollían a capital de provincia, existían [[subprefecto]]s, que representaban o prefecto.
 
Na reforma administrativa de [[1835]], o país foi dividido en [[distrito]]s. A Provincia da Beira Alta mantívose, aíndaque só como unidade estatística e de referencia rexional. Os seus límites correspondianse cos do [[distrito de Viseu]].
Liña 8:
A '''Beira Alta''' foi restaurada como unidade administrativa en [[1936]], incluíndo, ademais do [[distrito de Viseu]], o [[distrito da Guarda]]. Esta nova división en provincias baseouse nun estudo xeográfico que dividía, [[Portugal Continental]], en 13 "rexións naturais", entre elas, a '''Beira Alta''' e a '''[[Beira Transmontana]]'''. A nova provincia da Beira Alta foi creada pela unión daquelas dúas rexións naturais.
 
As provincias de [[1936]] practicamente nunca tiveron qualquer atribucións prácticas, e desapareceron do vocabulario administrativo (aínda que non do vocabulario cotidiano dos seus habitantes) coa entrada en vigor da [[Constitución portuguesa de 1976|Constitución de 1976]].
 
Limitaba ao [[norte]] con [[Tras os Montes e Alto Douro]], ao [[noroeste]] co [[Douro Litoral]], ao [[oeste]] e [[suroeste]] coa [[Beira Litoral]], ao [[sur]] coa [[Beira Baixa]] e ao [[leste]] co [[España|estado español|]], concretamente coa [[provincia de Salamanca]], na actual comunidade de [[Castela e León]].
 
Estaba constituída por 32 [[concello]]s, integrando a práctica totalidade dos distritos da [[Distrito da Guarda|Guarda]] e [[Distrito de Viseu|Viseu]] e tamén dous concellos do [[leste]] do [[distrito de Coimbra]]. Tiña a súa capital na [[cidade]] de [[Viseu, Portugal|Viseu]].Cidades principais: Guarda e Viseu.