Clodoveo I: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}
m Arranxos varios
Liña 1:
{{Merovinxios}}
 
'''Clodoveo I''' ou '''Clovis''', nado cara o [[466]] e finado en [[511]], foi o [[rei]] de todos os [[francos]] do ano [[481]] ao [[511]]. O nome Clodoveo provén do franco ([[antigo alto alemán]]) ''Hlodowig'', composto polas raíces ''hlod'' ("recoñecido, famoso, ilustre") e ''wig'' ("combate"), quere dicir "Ilustre no combate" ou "Ilustre na batalla", o equivalente en [[lingua galega|galego]] moderno sería Lois, nome da maioría dos reis de Francia, e en alemán Ludwig, tamén latinizado como Ludovico.
 
Frecuentemente utilizada polos [[merovinxios]], a raíz ''hlod'' dá tamén a orixe a nomes como Clotario (e Lotario), Clodomiro e Clotilde.
 
== A [[Galia]] a finais do [[século V]] ==
Liña 14:
Unha multitude de poderes locais ou rexionais de orixe militar ocuparan o baleiro deixado pola deposición do [[Imperio Romano de Occidente|Emperador Romano de Occidente]] en [[476]]. Entre estes atopábase aínda o reino dun tal [[Siagrio]], establecido na rexión de [[Soissons]].
 
En [[481]], Clodoveo, fillo do rei [[Khilderico I]] e da princesa [[Basina de Turinxia]], accedeu ao trono do reino [[Francos salios|franco salio]], situado na rexión de Tournai na actual [[Bélxica]]. O título de rei non era novo, pois este era dado aos xefes de guerra das nacións bárbaras ao servizo de Roma. Así os francos, antigos servidores de Roma, non eran nada menos que [[xermanos]], bárbaros [[pagán]]s, afastados do modo de vida dos galos romanizados durante máis ou menos cinco séculos de dominación e influencia romana.
 
Clodoveo tiña só quince anos cando se converteu no xefe da súa tribo, a súa coroación deu inicio á primeira dinastía de reis de Francia, os [[merovinxios]], os cales tomaron o seu nome do avó de Clodoveo, o gran [[Meroveo]].
Liña 22:
== A extensión do reino ao leste ==
 
Durante toda a súa vida, Clodoveo intenta conservar e agrandar o seu reino para os seus fillos, segundo a tradición xermánica. Para obtelo, Clodoveo non dubida en eliminar todos os obstáculos que se lle presentan no camiño: asasina todos os xefes salios e renanos veciños, algúns dos cales eran os seus antigos compañeiros, ou mesmo membros da súa familia, para asegurarse de que soamente os seus fillos herdasen o seu reino.
 
Por outra banda, lanza unha serie de alianzas e de conquistas militares, nun principio á cabeza duns mil homes. Máis que as armas, como se creu, era o xeito e a experiencia que os seus homes adquiriran ao servizo do Imperio e contra os outros bárbaros o que lle posibilitou o éxito militar a Clodoveo e ao seu exército.
 
Unha idea que habería que rexeitar é que a través del non foi un pobo xermánico o que se impuxo aos galo-romanos, senón a fusión dos elementos latinos e xermanos que continuaron. Na época de Clodoveo, mentres que Siagrio era cualificado como romano polas fontes, este levaba un nome bárbaro e non contaba co apoio do seu pobo. Doutra banda, o rei dos bárbaros, o ostrogodo [[Teodorico o Grande]], perpetuou os carácteres da civilización romana tardía, aínda que sempre sendo [[ostrogodo]], considerado como bárbaro e herexe aos ollos da Igrexa.
 
Se Clodoveo soubo impoñerse rapidamente, é de certa forma grazas á impresión que daba, pois aparecía como o mellor amo entre todos os pretendentes, e polo menos os galo-romanos contentaríase de que fose cristián. É así como Clodoveo conquista a metade norte de Francia moderna, primeiro aliouse cos francos renanos en [[484]], logo levou a cabo ofensivas cara ao sur a partir de [[486]]. Comezou co revés e derrota de Siagrio, o último representante do Imperio destronado. O reino de Siagrio cubría aproximadamente a área entre o [[río Sena]] e o [[Río Loira (Francia)|río Loira]] (Loire), nas que se atopaban as cidades de [[Senlis]], [[Beauvais]], [[Soissons]] e [[París]].
 
== Conversión e bautizo ==
[[Ficheiro:Chlodwigs taufe.jpg|dereita|250px|miniatura|Bautizo de Clodoveo I]]
O bispo de [[Reims]], o futuro [[San Remi]], buscaba quizais a protección dunha autoridade forte para o seu pobo. Os contactos foron numerosos entre o rei e o bispo; este último incita ao rei a protexer aos cristiáns que habitan no seu territorio. Grazas ao seu carisma e quizais en razón da autoridade que el mesmo representaba, Remi soubo facerse respectar por Clodoveo e serviulle mesmo de conselleiro. Incitouno notabelmente a pedir a man da princesa [[Clotilde]], unha princesa cristiá de alta liñaxe, filla do rei dos [[burgundios]]. O matrimonio tivo lugar en [[492]], probabelmente na localidade de Soissons.
 
Desde entón, Clotilde fixo todo para convencer ao seu esposo de que se convertese ao cristianismo. Ao principio, Clodoveo foi reticente, dubidaba da existencia dun Deus único, ademais a morte prematura do seu primeiro fillo quen habería de ser bautizado cristiamente, non fixo máis que agrandar a súa desconfianza. Por outra banda, se aceptaba converterse ao cristianismo, podería perder o apoio do seu pobo aínda pagán; ademais debía ter tamén o apoio do clero galo-romano xa que este último tiña unha gran influencia sobre a poboación gala.
 
É finalmente durante a [[batalla de Tolbiac]] contra os [[alamáns]] cara ao ano 496 cando o destino borra as dúbidas de Clodoveo. Mentres que se atopaba loitando contra os alamáns co fin de estender o seu territorio cara ao leste, o seu exército atopábase case vencido. Non sabendo a que outro deus pagán rezarlle, Clodoveo ora entón a Cristo e promételle que se gaña a batalla se había converter ao cristianismo. No medio da batalla, cando o mesmo Clodoveo se atopaba acurralado e a piques de ser capturado, o xefe alamán é morto por unha frecha, o que fixo que o seu exército fose á deriva e fuxise en pánico. A vitoria foi entón obtida por Clodoveo e o Deus dos cristiáns.
Liña 43:
 
== Extensión do reino cara ao sur ==
Co apoio do emperador romano de Oriente [[Anastasio I, Emperador|Anastasio I]], Clodoveo decide atacar aos visigodos que dominaban a maior parte da Península Ibérica e o suroeste de Galia, Loire (Loira) ao norte e ata Cévennes ao leste.
 
Na primavera de [[507]], os francos lanzaron a súa ofensiva cara ao sur, traspasando o [[Río Loira (Francia)|río Loira]] cara a Tours. Afrontaron ao exército do rei [[Alarico II]] nunha planicie de Poitiers. Clodoveo gaña finalmente a guerra contra os visigodos logo de asasinar el mesmo ao rei do bando oposto.
 
== París, a nova capital ==
Logo de Tournai e Soissons, Clodoveo escolle finalmente París como capital no ano [[508]]. É importante engadir que a [[lei Sálica]] foi datada despois de [[507]], algunhas hipóteses indican que a súa promulgación coincidiu coa instalación do rei en París.
 
As razóns polas cales escolleu París parecen ser simplemente estratéxicas, xa que a cidade fora unha cidade-guarnición e residencia imperial ao final do Imperio. Aínda que o feito de que París fóra a capital era só simbólico, xa que o reino franco non tiña administración e os reis francos que sucederon a Clodoveo non lle deron importancia ao feito de ser propietarios da cidade.
 
Baixo o reino de Clodoveo en todo caso, e igualmente durante todo o período en que os [[merovinxios]] tiveron o poder, a cidade non tivo cambios maiores, o patrimonio antigo da vila foi conservado e ata en ocasións renovado. Soamente algúns edificios relixiosos doados pola familia real e a aristocracia foron construídos, transformando un pouco a paisaxe urbana.
 
== Sucesión ==