Liña de alta velocidade: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
retiro ligazóns agora proporcionadas polo Wikidata
m Arranxos varios
Liña 1:
[[Ficheiro:E5_S11_Sendai_20090725.JPG|miniatura|dereita|Shinkansen E5]]
[[Ficheiro:Alstom_AGV_Cerhenice_img_0365.jpg|miniatura|dereita|AGV]]
Unha '''liña de alta velocidade''' é unha infraestrutura para o transporte público sobre raís a [[velocidade]]s superiores aos 200-220 200–220 km/h. Segundo a [[Unión Europea]] calquera liña apta para 200  km/h ou máis, sexa de nova construción ou actualizada, é unha liña de alta velocidade.
 
==Características==
Os trazados destas liñas requiren unhas condicións especiais. Os rieis teñen que ser cando menos de 60  kg/m para evitar deformacións, e deben ter unha soldadura continua en lugar de estar unidos por [[eclisa]]s; deste xeito evítase o troupeleo. As curvas teñen que ser de radio alto para evitar excesivas forzas centrífugas que incomoden os pasaxeiros. Nos primeiros trazados esta limitación era de curvas dun mínimo de 4 quilómetros de radio, actualmente a limitación está en radios de 7  km para poder circular a velocidades de 350  km/h, tamén debe haber [[balastro]] a máis profundidade para que os carrís poidan soportar mellor as forzas e para mellorar a comodidade dos usuarios.
 
Os [[túnel]]es teñen que ter un maior [[diámetro]] para evitar os cambios bruscos de [[presión]] ao entrar e saír deles. A electrificación da [[catenaria]] ten que ter unha maior tensión cós trazados convencionais, para poder cubrir as necesidades enerxéticas dos trens de alta velocidade, próximas aos 9000 [[watt|kW]]. Todo o percorrido debe estar valado para evitar o paso de animais ou persoas, sen pasos a nivel, e as pontes deben ter sensores para detectar se caen obxectos nas vías.
 
Nestes trazados pódense permitir pendentes de ata 3,5% ou ata o 4%, maiores do que nas liñas tradicionais polo elevado movemento de [[inercia]] que posúen estes trens de alta velocidade.
 
Ademais as liñas de alta velocidade deben dispor de sistemas electrónicos de sinalización en cabina, xa que para o maquinista é practicamente imposible detectar os sinais a partir dos 200  km/h.
 
== Galería de imaxes ==