Universidade Pontificia de Salamanca: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios
Liña 4:
 
== Historia ==
Os gobernos liberais do [[século XIX]] fixeron que os estudos de [[Teoloxía]] e [[Dereito Canónico]] fosen excluídos da [[Universidade de Salamanca|Universidade de Salamanca.]]. O papa [[Pío XII, papa|Pío XII]] crea, en [[1940]], unha nova universidade para restaurar esas dúas facultades, na mesma cidade, e confírelle a categoría de Universidade Pontificia. Así nace a Universidade Pontificia de Salamanca. Aos poucos, iríanse engadindo novas carreiras que encherían o edificio da Clerecía, até entón case desocupado, até o punto de que quedou pequeno, sobre todo debido á gran aceptación de carreiras como comunicación. Hoxe en día a universidade ten varios edificios, tanto en Salamanca como en Madrid, incluíndo a Facultade de Teoloxía que se atopa no Convento de San Esteban da [[Orde de Predicadores]] (Dominicos), ademais de centros adscritos como o Instituto Superior de Filosofía de Valladolid. A súa sede atópase no antigo ''Real Colexio do Espírito Santo'' das [[Compañía de Xesús|Xesuítas]], máis coñecido como A Clerecía.
 
== Notas ==
{{Modelo:Listaref}}
 
== Véxase tamén ==