Optoelectrónica: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 30 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q193091
m →‎top: Arranxos varios
Liña 1:
Disciplina científica e técnica, inserida no campo da [[física]] e da [[enxeñaría]], que trata dos fenómenos e dispositivos nos que participan [[fotón|fotóns]]s e [[electrón|electróns]]s.
 
A optoelectrónica permite a manipulación [[óptica]] de [[sinal|sinais]] electrónicos, e ao revés o control [[electrónica|electrónico]] de sinais ópticos.
 
Os seus dispositivos básicos son as fontes ou emisores de [[luz]] e os detectores ou receptores da mesma, que virtualmente transforman un sinal consistente nunha corrente de [[electrón|electróns]]s noutro formado por unha corrente de [[fotón|fotóns]]s, e ao revés.
 
As fontes ou emisores de luz típicos que se empregan na optoelectrónica son os [[LED]]'s (acrónimo inglés de [[Díodo]] Emisor de Luz) e os [[láser|LáseresLáser]]es. Estes, a diferenza dos primeiros, son emisores de [[luz]] cun alto grao de [[coherencia]] espacial e temporal, tipicamente [[díodo]]s de silicio, aínda que poden ser tamén [[láser]]es doutro tipo (de [[estado sólido]] ou incluso de [[gas]]).
 
Os detectores ou receptores poden ser desde dispositivos sinxelos como [[fotodiodo|fotodiodos]]s (o [[fotodiodo pin]], o [[APD]] etc), o [[bolómetro]], o [[pirómetro óptico]] etc; ou aparellos de instrumentación máis complexos como a [[streak camera]], a cámara CCD etc. Ademais o proceso de detección pode involucrar instrumentos complexos que empregan un detector sinxelo, como ocorre na medida de [[pulso óptico|pulsos ópticos]] ultracurtos, na que se emprega un [[autocorrelador]].
 
As aplicacións da optoelectrónica son moi variadas, comparte practicamente todas as da electronica (computación, comunicacións etc) mellorando moitos dispositivos electrónicos co mesmo cometido; pero suma tamén aplicacións novas moi importantes no campo da metroloxía, da teledetección, a inspección, a bioloxía e a medicina etc.