Cadena Dial: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios
Liña 3:
 
== Historia ==
Comezou a principios dos anos 90 sendo unha radio local en [[Madrid]] que mesturaba microespacios de beleza, psicoloxía, consellos, trucos de cociña e noticias con música sempre en castelán, era unha especie de revista sonora de beleza e moda. Dirixida por [[Lola Barranco]], e con Ana Arce como Xefe de Programas, levaron este formato a outras emisoras de radio locais con locutoras como Yolanda López, María Quirós, Montserrat Domínguez e Esther García, entre outras. A idea sempre foi crear unha emisora que impulsase a música en español, pero neses anos as compañías non facían suficientes lanzamentos discográficos para ese perfil de oíntes no noso idioma polo que a Directora viaxa a [[México]], [[Venezuela]], [[Colombia]] e [[Miami]] buscando o apoio de medios e discográficas latinos. Finalmente, o periplo culmina cunha campaña publicitaria de lanzamento da nova cadea radiofónica liderada por [[Julio Iglesias Redondo|Julio Iglesias]] (que ademais apadriña os seus Estudos centrais da Gran Vía) e apoiada por grandes figuras da canción entre os que destacan entre outros, [[Rocío Jurado]] e [[Raphael]]. No ano 1992 cambiou a ser soamente radiofórmula musical sen miniespacios informativos nin consellos.
 
Durante o verán de 1992 tivo dous millóns e medio de oíntes segundo o [[EGM]] e programas míticos como ''Pop Dial'' ou ''Sonora Dial'', un de pop en español e o outro de salsa e son, ou o da noite, ''A solas contigo''.
 
Lola Barranco é nomeada Directora de Planificación de [[Telecinco|Tele 5]] e deixa o seu cargo de Directora de Cadena Dial. En 1993 chegou de [[Sevilla]] [[Francisco Herrera]] para dirixila e cambiou completamente os programas e os locutores, abríndose máis emisoras que pasarían a formar parte da cadea. Cambiaron a emisora a unha selección limitada de música en español.
Liña 14:
 
{{Radio en España}}
 
[[Categoría:Cadena SER]]