Diferenzas entre revisións de «Francisco Javier González Pérez»

m
Arranxos varios
(corrixo)
m (Arranxos varios)
Comezou a súa carreira deportiva no equipo da súa vila natal, o [[Carreira CF]] até que se incorporou á disciplina deportivista. Na tempada 1987–88 debutou co [[Deportivo B|Fabril Deportivo]] en [[Terceira División Española|Terceira División]], conseguindo un 6º posto na clasificación. Na tempada seguinte debutou co [[Deportivo da Coruña]] en [[Segunda división española|Segunda División]], xogando esa campaña 4 partidos. O seu debut foi o [[17 de xaneiro]] de [[1988]] contra o [[Real Burgos]] en [[Estadio de Riazor|Riazor]], sendo [[Luis Rodríguez Vaz]] o adestrado branquiazul. O seu primeiro gol como deportivista chegou na tempada [[Segunda división española 1990/91|1990–91]], na xornada 14, con vitoria a domicilio sobre o [[UD Las Palmas]] (1–3). Fran marcou o terceiro dos tantos branquiazuis.
 
Fran foi cotizado polos grandes clubs españois: [[Real Madrid CF]], co que asinou un precontrato que debería entrar en vigor na tempada [[Primeira división española 1995/96|1995–96]] e que [[Augusto César Lendoiro|Lendoiro]] recomprou a tempo por 260 millóns de pesetas; e [[FC Barcelona]], onde [[Johan Cruyff]] ao final desa mesma tempada insistiu na súa fichaxe debida á súa afinidade co estilo de xogo do equipo culé, mais a intransixencia de Lendoiro a negociar o traspaso, a menos que pagasen os 2.000 millóns da súa cláusula, disuadiu ao club catalán de calquera intento de contratalo. A tempada [[Primeira división española 1995/96|1995–96]], con [[John Toshack]] no banco, foi persoal e colectivamente unha das peores para Fran. Por distintos motivos nunca chegou a render ao nivel que tiña afeitos aos seus seguidores, e ademais unha lesión pechoulle todas as portas, se tiña aberta algunha, de acudir á [[Eurocopa 1996|Eurocopa de Inglaterra]]. Foi operado do xeonllo esquerdo o [[9 de maio]] de [[1996]], intervención que lle obriga estar tres meses de baixa. Nos anos seguintes os éxitos do Deportivo e de Fran continuaron chegando á culminación co título de liga logrado no ano [[2000]], ano en que Fran ademais foi convocado para a [[Eurocopa 2000|Eurocopa de Holanda e Bélxica]].
 
O seu derradeiro encontro como deportivista foi na tempada [[Primeira división española 2004/05|2004–05]], o [[22 de maio]] de [[2005]], no partido da xornada 34 que enfrontaba ao Deportivo co [[RCD Mallorca]] en Riazor e que se saldou con derrota branquiazul (0–3). Ao rematar a tempada retirouse do fútbol, xunto con [[Mauro Silva]].
{{Deportivo da Coruña na tempada 2001/02}}
 
{{ORDENAR:Gonzalez Perez, Fran}}
{{Control de autoridades}}
 
{{ORDENAR:Gonzalez Perez, Fran}}
[[Categoría:Nados en 1969]]
[[Categoría:Nados en Ribeira]]
387.713

edicións