Forzas armadas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Forzas armadas Conxunto dos exércitos dun país. Ingresou nunha academia militar das forzas armadas españolas.
m Arranxos varios
Liña 2:
As '''forzas armadas''' dun [[país]] son o conxunto de institucións oficiais e permanentes encargadas de aplicar as políticas de [[defensa nacional]], así como a [[política exterior]] pola vía militar. Adoitan estar divididas nunha serie de ramas que agrupan os recursos militares do [[Estado]] en terra ([[Exército]]), mar ([[Armada (mariña)|Armada]]) e aire ([[Forzas Aéreas]]).
 
Polo xeral, as Forzas Armadas son exclusivamente militares, aínda que en certos países considérase como parte delas a un corpo de [[xendarmería]]. Algúns países posúen forzas armadas irregulares, coñecidos como grupos [[Paramilitar|paramilitaresparamilitar]]es.
 
O estudio do emprego das forzas armadas coñécese como [[ciencia militar]]. En termos xerais, implica a consideración de ataque e defensa en tres niveis: [[estratexia]], [[arte operativo]] e [[táctica]]. Cada un destes niveis estuda o uso da forza para alcanzar uns determinados obxectivos.
Liña 11:
En cada rama das forzas armadas existen corpos que dividen aos seus membros segundo a súa especialización. Así, atopamos corpos de [[infantaría]], [[cabalaría]], [[artillaría]], enxeñaría militar, sanidade, loxística, intendencia ou música.
 
Cada rama divídese, ademais, en unidades organizativas menores. Por exemplo, o exército de terra dvide aos seus efectivos en [[División (militar)|divisións]], [[Brigada|brigadasbrigada]]s, [[Rexemento|rexementosrexemento]]s etc. Estas unidades poden incluír persoal dunha única especialidade ou ben ser unidades conxuntas, agupando ás diversas especialidades que precisa para levar a cabo a súa misión.
 
== Clasificación e tipos ==
Segundo o grao de profesionalización dos membros que compoñen as forzas armadas, estas pódense dividir en tres tipos:
* '''Exército irregular''': tamén chamado milicia. Trátase de cidadáns que habitualmente desempeñan outros oficios e que reciben instrución militar de forma ocasional. En caso de [[Guerra|conflito bélico]] son mobilizados e levados ao combate. Este tipo de tropa, se ben era o habitual na antigüidade, actualmente emprégase como complemento a forzas máis preparadas.
 
* '''Exército profesional''': o persoal das forzas armadas ten como profesión o servizo militar e, polo tanto, están en constante preparación para o combate. É o modelo máis habitual na actualidade.
 
* '''Exército de leva''': é un caso intermedio entre os dous anteriores. Nesta ocasión, existe un corpo de oficiais e suboficiais profesionais e unha tropa formada por recrutas, que cumpren un período de servizo militar, e reservistas, que xa cumpriron dito servizo. Polo tanto, a maior parte do persoal é temporal e ten outro oficio. Para o goberno, é unha opción económica de manter unhas forzas armadas de gran tamaño.