Enxeñaría de software: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]
m Arranxos varios
Liña 9:
 
* '''Os métodos''': que indican como construír tecnicamente o SW, abarcando tarefas como a planificación, estimación de proxectos, análises de requirimentos, deseño de estruturas, codificación, probas e mantemento.
 
* '''As ferramentas''': dan a subministración automática ós métodos. Actualmente existen ferramentas para soportar cada un dos métodos citados anteriormente.
 
* '''Os procedementos''': propoñen, entre outras cousas, o orden en que aplica-los métodos, as entregas requiridas (documentación, informes etc.), os controles que axudan a asegurar a calidade e coordina-los cambios e as directrices que axudan ós xestores do SW a evalua-lo progreso.
 
== Historia ==
 
A Enxeñaría de Software (ES) xurdiu a mediados dos anos [[1970]] nunha tentativa de tratar coa a crise do [[software]] e dar un tratamento de [[enxeñaría]] (máis sistemático e controlado) ao desenvolvemento de sistemas de software complexos. Un sistema de software complexo se caracteriza por un conxunto de compoñentes abstractos de software ([[estrutura de dados|estruturas de dados]] e [[algoritmo]]s) encapsulados na forma de procedementos, [[funcións]], [[módulos]], [[obxecto]]s ou [[axentes]] interconectados entre si, compondo a arquitectura do software, que deberán ser executados en [[sistemas computacionais]].
 
== Definición ==
Liña 22 ⟶ 20:
Segundo [[Fritz Bauer]], "Enxeñaría de software é a creación e a utilización de sólidos principios de enxeñaría a fin de obter software de maneira económica, que sexa confiable e que traballe eficientemente en máquinas reais". O propio significado de [[enxeñaría]] xa trae os conceptos de creación, construción, análise, desenvolvemento e mantemento.
 
A '''enxeñaría de software''' concéntrase nos aspectos prácticos da produción dun sistema de ''software'', mentres que a [[ciencia da computación]] estuda os fundamentos teóricos dos aspectos computacionais.
 
A [[enxeñaría de sistemas]] é unha área máis ampla por tratar de todos os aspectos de sistemas baseados en [[computador]]es, incluíndo ''hardware'' e enxeñaría de procesos ademais do ''software''.
Liña 54 ⟶ 52:
== Xestión de proxectos ==
 
A [[xestión de proxectos]] preocupase en entregar o sistema de ''software'' no prazo e de acordo cos requisitos establecidos, levando en conta sempre as limitacións de orzamento e tempo.
 
A xestión de proxectos de software caracterizase por tratar sobre un produto intanxible, moi flexible e cun proceso de desenvolvemento con baixa padronización.
Liña 84 ⟶ 82:
=== Modelado ===
 
A abstracción do sistema de ''software'' a través de modelos que o describen é un poderoso instrumento para o entendemento e comunicación do produto final a desenvolver.
 
A maior dificultade nesta actividade está no equilibrio (''tradeoff'') entre simplicidade (favorecendo a comunicación) e a complexidade (favorecendo a precisión) do modelo.