Diferenzas entre revisións de «Club Deportivo Bidasoa»

m
Arranxos varios
m (Arranxos varios)
 
== Historia ==
O CD Bidasoa fundouse en [[1962]] e o seu primeiro presidente foi José Miguel Arana, mentres que o seu primeiro adestrador foi José Antonio Apezteguia.
 
A entidade deu os seus primeiros pasos deportivos no frontón Uranzu, logrando rapidamente facerse un sitio na División de Honra primeiro como un equipo modesto e, pouco a pouco, comezando a atuar a algúns dos equipos máis importantes.
 
Os meirandes éxitos do CD Bidasoa chegaron da man da firma chocolateira ''[[Elgorriaga]]'', patrocinador do club irundarra dende a tempada [[1983]]-[[1984|84]] ata a [[1996]]-[[1997|97]]. Como excepción podería apuntarse a primeira final da [[Copa do Rei de Balonmán|Copa do Rei]], na que o Bidasoa perdeu en [[Málaga]] ante o [[FC Barcelona (balonmán)|FC Barcelona]], cando o equipo vasco estaba esponsorizado por Muebles Danona de [[Azpeitia]] ([[Guipúscoa]]).
 
O primeiro título colleitado pola entidade foi o campionato de [[Liga ASOBAL|Liga]] da tempada [[1986]]-[[1987|87]], campionato conseguido con dous xogadores [[Iugoslavia|iugoslavos]] e o resto do conxunto formado por xogadores guipuscoanos.
 
O Bidasoa comezara a facer historia aínda que tivo que esperar á década dos 90 para engadir, polo momento, sete títulos máis ao seu palmarés. Os máis importantes foron os da [[EHF Copa de Europa|Copa de Europa]] gañada na tempada [[1994]]-[[1995|95]] en [[Zagreb]] ([[Croacia]]) e que supuxo o primeiro título [[Europa|europeo]] dun equipo vasco en calquera modalidade deportiva e a [[Recopa de Europa de balonmán|Recopa de Europa]]. A entidade irundarra, que logrou clasificarse entre os mellores clubs de Europa da década, sumou ademais un novo título de Liga na tempada [[1994]]-[[1995|95]] e dúas [[Copa do Rei de Balonmán|Copas do Rei]] nas tempadas [[1990]]-[[1991|91]] e [[1995]]-[[1996|96]]. Na tempada [[1999]]-[[2000|00]] gañou ademais a súa primeira Copa de Euskadi, título que repetiría nas tempadas [[2000]]-[[2001|01]] e [[2001]]-[[2002|02]].
* José Antonio Quiñones.
* Beñardo García e Luis Cuñado.
* José Ángel Sodupe
 
== Palmarés ==
393.002

edicións