Xogos da Commonwealth: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Cambio o modelo: NCE
m Arranxos varios
Liña 1:
Os '''Xogos da Commonwealth''' (en [[lingua inglesa|inglés]] '''''Commonwealth Games''''') son un evento multideportivo que se celebra cada catro anos e no que participan deportistas dos países que forman a [[Commonwealth de Nacións|Commonwealth]].
 
Veñen ser unha versión reducida duns [[Xogos Olímpicos]], semellantes a outros xogos rexionais que se celebran en distintas partes o mundo, como os [[Xogos Panamericanos]], os [[Xogos Asiáticos]], os [[Xogos Mediterráneos]] etc. Nos Xogos da Commonwealth, ademais dos deportes habituais como o [[atletismo]], a [[natación]], a [[ximnasia]] ou o [[ciclismo]], dispútanse competicións de deportes típicos dos países membros como o [[squash]], o [[rugby]] a sete, os [[birlos]] ou o netball. Tamén se celebran probas para deportistas con algunha discapacidade.
 
Como notas destacadas podemos dicir que os catro países que forman [[Gran Bretaña]] ([[Inglaterra]], [[Escocia]], [[Gales]] e [[Irlanda do Norte]]) compiten en equipos separados, a diferenza do que ocorre por exemplo nos [[Xogos Olímpicos]], onde todos representan a Gran Bretaña. Tamén participan con delegacións independentes algúns territorios que pertencen a Gran Bretaña como a [[Illa de Man]] ou a [[Illa de Xersei]].
 
A primeira vez que alguén tivo a idea celebrar dun evento deste tipo foi en [[1891]], cando o reverendo [[Astley Cooper]] escribiu un artigo en ''[[The Times]]'' suxerindo a creación dun festival deportivo panbritánico e pananglicano que se celebraría cada catro anos e que serviría para incrementar a amizade e a boa harmonía entre os países pertencentes ao Imperio Británico.
 
A primeira edición do que agora se coñece como Xogos da Commonwealth celebrouse en [[1930]] na cidade de [[Hamilton, Canadá|Hamilton]] en [[Canadá]], aínda que entón chamábanse ''Xogos do Imperio Británico''. En [[1954]] cambiouse o nome a ''Xogos do Imperio Británico e da Commonwealth'', en [[1970]] chamáronse ''Xogos da Commonwealth Británica'', e xa en [[1978]] adquiriron a súa denominación actual de Xogos da Commonwealth (''Commonwealth Games'').
 
Só seis países acudiron a todas as edicións destes xogos: [[Australia]], [[Nova Zelandia]], [[Canadá]], [[Inglaterra]], [[Escocia]] e [[Gales]]. Ao longo da historia houbo diversos [[boicot]]s por razóns políticas. O boicot máis importante foi o dos Xogos de [[1986]] celebrados en [[Edimburgo]] ([[Escocia]]), cando 32 países de África, Asia e o Caribe non acudiron en protesta pola actitude amigable do goberno de [[Margaret Thatcher]] co réxime racista de [[Suráfrica]].
 
== Versións dos Xogos da Commonwealth ==
Ata agora organizáronse as seguintes edicións destes Xogos:
 
'''Xogos do Imperio Británico'''