Doniños, Ferrol: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición |
m Arranxos varios |
||
Liña 15:
[[Ficheiro:Batería de San Carlos.JPG|Batería de San Carlos.|dereita|miniatura|250px]]
[[Ficheiro:Igrexa Doniños 2.JPG|miniatura|dereita|250px|Igrexa parroquial de San Román]]
Nesta parroquia está a [[lagoa de Doniños]], fronte á [[praia de Doniños]], encaixada nun val arrodeado por covos mariños. A área protexida, enmarcada no [[Lugar de Interese Comunitario]] [[Costa Ártabra]] (que abrangue parte da [[comarca de Ferrol]]terra), abrangue aquí a [[praia de Doniños]], o complexo dunar e a [[lagoa de Doniños]], de case nove metros de profundidade.
Arrodeada por manchas boscosas de ribeira, destaca na súa vexetación a presenza de plantas acuáticas nas beiras da lagoa, como a ''ranunculus aquatilis'', a ''potamogeton natans'' ou a ''nimphaea alba''. A ''eleocharis acicularis'' e a ''litorella uniflora'' pódense atopar nas áreas encharcadas. As aves tamén abondan, coa presenza de exemplares de [[fochas]], [[zampullín]]s chicos, [[ánade real]] e [[cerceta común]].
Liña 24:
==Historia e patrimonio==
A [[Punta do Castro]] son uns restos dun [[castro (poboado)|poboamento castrexo]] prerromano situado no límite norte do areal, no que se atoparon xoias e atributos de dignidade celtas, ademais dos restos dun castelo e as instalacións dunha batería de artillería de costa, servida pola [[Armada Española|Armada]].
O 25 de agosto de [[1800]] tivo lugar a [[batalla de Brión]]. Unha dotación da [[Armada Inglesa]] composta por navíos de guerra e infantería tentou ocupar a cidade de [[Ferrol]], desembarcando na [[praia de Doniños]]. Porén, as tropas do almirante [[Warren]] tiveron problemas coa resaca do mar, sendo as chalupas pasto dos canóns ferroláns. Contan as crónicas que "o camiño estaba ben defendido e o paso pola [[lagoa de Doniños]] era impracticable", polo que "a [[praia de Doniños]] contribuíu á derrota inglesa".
|