IBM: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Historia: Arranxos varios
Liña 29:
[[Ficheiro:BRL64-IBM 1311 DiskDrives.jpg|200px|dereita|miniatura|Discos duros IBM 1311]]
 
Durante a [[Segunda Guerra Mundial]] a subsidiara alemá ''Dehomag'', subministrou ao réxime [[nazi]] perforadoras de tarxetas e equipos relacionados. IBM ten procesos abertos por estes feito, aínda que a empresa afirma que non tiña control sobre a súa filial.
 
Tamén durante a Segunda Guerra Mundial comezou a investigar no eido da informática. En [[1944]] rematou a construción do ''Automatic Sequence Controlled Calculator'' -Calculadora Controlada de Secuencia Automática-, tamén coñecida como [[Mark I]]. O Mark I foi a primeira máquina capaz de executar cálculos complexos automaticamente, e estaba baseada en [[Interruptor electromecánico|interruptores electromecánicos]].
Liña 41:
O [[7 de abril]] de [[1964]] IBM lanzou o [[System/360]], a primeira [[arquitectura (informática)|arquitectura]] de ordenadores que permitía intercambiar os programas e periféricos entre os distintos compoñentes da arquitectura.
 
O éxito de IBM a mediados dos anos 60 fixo que a empresa fora investigada por [[monopolio]]. Nun xuízo iniciado en [[1969]] acusóuselle de tentar monopolizar o mercado de dispositivos electrónicos de propósito xeral, concretamente o mercado de ordenadores empresariais. O xuízo finalizou en [[1983]] e fixo modificar as prácticas empresariais da compañía.
 
Durante a década dos 70 IBM creou novos dispositivos informáticos. En [[1971]] inventou o [[disco flexible]] e pouco despois comezou a comercializar os predecesores dos actuais lectores de códigos de barras e caixeiros automáticos.