Arante, Ribadeo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
actualizo datos de poboación
m Arranxos varios
Liña 14:
 
== Xeografía ==
Limita coas parroquias de [[Covelas, Ribadeo|Covelas]], [[Cedofeita, Ribadeo|Cedofeita]], [[Vidal, Trabada|Vidal]] e [[A Fórnea, Trabada|A Fórnea]] ([[Trabada]]) e [[Vilamartín Pequeno, Barreiros|Vilamartín Pequeno]] ([[Barreiros]]); tamén limita cara o norte cos montes de [[Monte Penalonga|Penalonga]] e o [[Monte Mondigo]]. Entre os seus regatos e río destacan o [[río Lexoso|Lexoso]] (cara ao nordeste) e o [[río Arante|Arante]] (que fai de entronque co anterior e que, dirixíndose o sur, pasará a chamarse río Grande).
 
Aínda que é unha das parroquias máis montañosas de [[Ribadeo]] cunha altitude media de 440 m, ten dous vales: o sector central, regado polo río Arante e o sector norte, regado polo río Lexoso (que é onde vive a meirande parte da poboación).
Liña 26:
 
== Patrimonio ==
Ademais das capelas mencionadas, destaca a igrexa parroquial de San Pedro de Arante, do século XVIII. Dispón dunha nave central cuberta por bóveda de canón e arcos de medio punto que remata noutra bóveda de pavillón sobre tres arcos de pedra, tamén de medio punto. No seu interior, tres retablos: dous deles barrocos e o outro clásico.
 
Xa na aldea da [[A Ponte, Arante, Ribadeo|Ponte]] (ademais da capela) resalta a celebración dunha romaría de orixe medieval, que conmemora a vitoria sobre os franceses. É unha festa de gran colorido onde se sacoden uns pendóns de cores. Ten un gran valor histórico a recuperación realizada nestes últimos anos desta festa.