Cleptocracia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
m →‎Características: Arranxos varios
Liña 7:
Nunha cleptocracia os mecanismos do goberno dun estado dedícanse case enteiramente a gravar os recursos e á poboación do país (por medio de [[impostos]], non retribuibles a eles; desvíos de fondos etc), os dirixentes do sistema, amasan grandes fortunas persoais, en especial o [[presidente]] ou o maior cargo de xefe de estado, xunto ós máis achegados comao s ministro e asesores persoais. Na cleptocracia o [[diñeiro]] ó ''lavado'' ou desvíase a contas bancarias secretas, polo xeral en [[Paraíso fiscal|paraísos fiscais]], como encubrimento do roubo.
 
A cleptocracia dáse xeralmente en [[ditadura]]s ou unha certa forma de gobernos [[Autocracia|autocráticos]], posto que na [[democracia]] faise máis difícil encubrila, aínda que houbo casos de gobernos en aparencia democráticos que foron considerados cleptócratas, coma os de varios países de [[América Latina]].
 
As economías dos réximes cleptocráticos tenden a decaer constantemente, pois a corrupción sistemática creada polo goberno significa que a economía está subordinada ós intereses dos cleptócratas. Ademais as economías baseadas na extracción de materias primas (exemplo, os [[mineral|minerais]] e o [[petróleo]]) poden ser particularmente propensas a ser cleptócratas.
 
Historicamente, o ambiente sociopolítico asociado ó sistema colonial -a dominación de países colonizados, onde as súas economías son moi vulnerables ó depender por un número pequeno de materias primas- foron particularmente proclive á creación das últimas cleptocracias, sendo [[África]] e [[América Latina]], as rexións máis propensas.