Guerras napoleónicas: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
m Sustitución de "flota" (navíos) por "frota" |
m Arranxos varios |
||
Liña 1:
{{sen referencias|data=setembro de 2015}}
As '''Guerras Napoleónicas''' foron unha serie de [[Guerra|conflitos militares]] que tiveron lugar durante o tempo no que [[Napoleón Bonaparte]] gobernou en [[Francia]]. Foron en parte unha extensión dos conflitos que estalaron por mor da [[Revolución Francesa]], e continuaron durante todo o [[Primeiro Imperio Francés]]. Non existe consenso sobre o intre exacto no que comezaron estas guerras. Hai quen considera que comezaron cando Napoleón chegou ao poder en Francia, en novembro de [[1799]]. Outras versións sitúan o período bélico entre [[1799]] e [[1802]] no contexto das [[Guerras Revolucionarias Francesas]], e consideran a declaración de guerra entre o [[Reino Unido]] e Francia en [[1803]], que seguiu ao curto período de paz do [[Amiens|Tratado de Amiens]] en [[1802]] como o punto inicial das Guerras Napoleónicas. As Guerras Napoleónicas remataron o [[20 de novembro]] de [[1815]], trala derrota final de Napoleón na [[Batalla de Waterloo]] e o [[Tratado de París (1815)|Segundo Tratado de París]] de [[1815]]. En conxunto, o case continuado período de guerras comprendido entre o [[20 de abril]] de [[1792]] e ata o [[20 de novembro]] de [[1815]] é chamado con frecuencia ''A Gran Guerra Francesa'' (anterior á [[Primeira Guerra Mundial]], chamada simplemente ''A Gran Guerra'').
[[Ficheiro:Sadler, Battle of Waterloo.jpg|miniatura|dereita|450px|[[Batalla de Waterloo]], derradeira batalla de [[Napoleón]] e definitiva derrota de [[Francia]].]]
== A Primeira e Segunda Coalicións ==
{{Artigo principal|Guerras Revolucionarias Francesas}}
A [[Primeira Coalición]] ([[1792]]-[[1797]]) de [[Austria]], [[Prusia]], o [[Reino Unido]], [[España]] e o [[Piemonte]] ([[Italia]]) contra Francia foi o primeiro intento para derrotar ao [[republicanismo]]. A coalición foi derrotada polos franceses debido a unha mobilización xeral, [[leva]]s en masa, reformas no [[exército]] e unha guerra absoluta. En [[1795]], Francia anexionouse os Países Baixos austríacos e a [[Renania]]. Segue a conquista das [[Provincias Unidas]] (ás que declarara a guerra en [[1793]]) e a súa transformación na [[República Bátava]] ([[Tratado da Haia (1795)|Tratado da Haia]], [[19 de xaneiro]] de [[1795]]). Prusia asinou a Paz de Basilea e deixou a coalición. España, tras unhas vitorias iniciais na invasión do [[Rosellón]] en [[1793]] ([[Guerra do Rosellón]]), viu como as tropas francesas invadían [[Cataluña]], [[País Vasco]] e [[Navarra]]. Ante esta ameaza, tamén asinou separadamente en [[1795]] a [[Paz de Basilea]]. As campañas italianas de Napoleón en [[1796]] e [[1797]], tamén fixeron abandonar ao Piemonte a Coalición. Piemonte foi un dos membros orixinais da Coalición e significara un perigo persistente para Francia na fronte italiana durante catro anos na época na que Napoleón asumiu o mando do exército francés en [[Italia]]. A Bonaparte levoulle un mes vencer a Piemonte e facer retroceder aos seus aliados austríacos. As forzas dos [[Estados Papais]] rendéronse aos franceses en [[Forte Urbano]], forzando ao Papa [[Pío VI, papa|Pío VI]] a asinar un tratado de paz provisional, e as sucesivas contraofensivas austríacas en Italia foron infrutuosas, e conduciron á entrada de Bonaparte no [[Friuli-Venecia Julia|Friúl]]. A guerra rematou ao forzar Bonaparte aos austríacos a aceptar as súas propias condicións no [[Tratado de Campo Formio]]. O [[Reino Unido]] quedou entón como a única potencia aínda en guerra con Francia.
A [[Segunda Coalición]] ([[1798]]-[[1801]]) de [[Rusia]], o Reino Unido, [[Austria]], o [[Imperio Otomán]], [[Portugal]], [[Nápoles]] e os [[Estados Papais]] contra Francia foi ao principio máis efectiva cá primeira. O goberno corrupto e dividido de Francia, baixo o [[Directorio (Francia)|Directorio Executivo]], atopábase en plena axitación, e a República estaba en bancarrota (certamente, cando en [[1799]] Bonaparte tomou o poder, atopou só 60.000 [[francos]] no Tesouro Nacional). A participación [[Rusia|rusa]] supuxo un cambio decisivo sobre a guerra da [[Primeira Coalición]]. As forzas rusas en Italia estaban mandadas polo notoriamente desapiadado e nunca derrotado [[Aleksandr Suvórov]]. A República Francesa non dispuña de líderes como [[Lazare Carnot]], o ministro de guerra que levara a Francia ás sucesivas vitorias que seguiron ás masivas reformas da primeira guerra. Ademais, Napoleón Bonaparte estaba ocupado nunha campaña no [[Exipto]], co obxectivo de ameazar á [[Imperio británico|India Británica]]. Sen dous dos seus máis importantes comandantes do conflito anterior, a República sufriu sucesivas derrotas contra uns inimigos revitalizados, financiados pola coroa británica.
[[Ficheiro:Kleber.jpg|esquerda|miniatura|200px|O xeneral Kléber]]
[[Ficheiro:Ingres, Napoleon on his Imperial throne.jpg|miniatura|Napoleón Emperador, obra de [[Jean Auguste Dominique Ingres|Ingres]]]]
Napoleón Bonaparte volveu en [[1799]], deixando a campaña no Exipto a cargo do seu segundo ao mando, o xeneral [[Jean Baptiste Kléber|Kléber]], quen foi posteriormente asasinado. Tomou o control do goberno francés en [[1799]], derrubando o [[Directorio (Francia)|Directorio]] coa axuda do ideólogo [[Emmanuel Joseph Sieyès]]. A ofensiva das forzas austríacas no [[Rin]] e en [[Italia]], converteuse nunha ameaza perentoria para Francia, pero todas as tropas rusas foran retiradas da fronte trala morte da tsarina [[Catarina II de Rusia]]. Napoleón reorganizou a milicia francesa e creou un exército de reservistas para apoiar tanto os esforzos no Rin coma en Italia. En todas as frontes, os avances franceses atoparon aos austríacos coa garda baixa. Nese momento, o exército francés contaba só con 300.000 soldados loitando contra as forzas da Coalición. En Italia, a situación era con todo máis delicada pola presión de [[Austria]], e Napoleón viuse forzado a mobilizar ao exército de reservistas. Chocou cos austríacos na [[Batalla de Marengo]] o [[14 de xuño]] de [[1800]], e podería perder a batalla de non ser pola decisiva intervención do xeneral [[Louis Charles Antoine Desaix de Veygoux|Desaix de Veygoux]], que atacou a retagarda austríaca e venceuna. Desaix morreu na batalla, e Napoleón conmemorou posteriormente a súa bravura construíndolle monumentos e tallando o seu nome no [[Arco do Triunfo de París|Arco do Triunfo]]. No [[río Rin|Rin]], en cambio, a decisiva batalla chegou cando un exército francés de 180.000 homes enfrontouse a 120.000 soldados austríacos na [[Batalla de Hohenlinden]] o [[3 de decembro]]. Austria foi definitivamente vencida e abandonou o conflito tralo [[Tratado de Lunéville]], en febreiro de [[1801]].
O maior problema pendente de Napoleón era agora o [[Reino Unido]], que permanecía como unha influencia desestabilizadora nas potencias continentais. O Reino Unido propiciara a [[Segunda Coalición]] a través do seu financiamento. Napoleón estaba convencido de que, sen unha derrota británica ou un tratado co Reino Unido, non podería conseguir unha verdadeira paz. O exército británico era unha ameaza relativamente pequena para Francia, pero a [[Royal Navy|Armada Real Inglesa]] era unha continua ameaza para a frota francesa e para as colonias no [[Illas Caribes|Caribe]]. Ademais, os fondos económicos do Reino Unido eran suficientes para unir ás grandes potencias do continente contra Francia e, malia as numerosas derrotas, o exército austríaco aínda era un perigo potencial para a Francia napoleónica. En calquera caso, Napoleón non foi capaz de invadir [[Gran Bretaña]] dunha forma directa. Nas famosas palabras do almirante [[John Jervis]], primeiro Conde de San Vicente (en honra á histórica vitoria naval da [[Batalla do Cabo de San Vicente]] contra a escuadra franco-española): ''Eu non digo, señores, que os franceses non vaian vir; só digo que non virán por mar'' (palabras evidentemente irónicas tratándose Gran Bretaña dunha illa), expresábase a situación tralas derrotas da frota francesa na [[Batalla do Nilo]] ([[Aboukir]], [[1 de agosto]] de [[1798]]) e a posterior derrota da frota combinada franco-española na [[Batalla de Trafalgar]] ([[21 de outubro]] de [[1805]]), ambas co almirante [[Horatio Nelson]] ao mando da frota británica. Para rematar, foi doadamente contida unha expedición francesa a [[Irlanda]].
[[Ficheiro:Slaget på reden.jpg|miniatura|dereita|300px|[[Primeira Batalla de Copenhaguen|A batalla de Copenhague]] (2 de abril de 1801)]]
==== A Guerra das Canoneiras ====
[[Dinamarca]] e [[Noruega]], que orixinalmente declaráranse neutrais nas Guerras Napoleónicas, sacaron proveito da guerra a través do comercio e estableceron unha armada. Tras unha mostra de intimidación na [[Primeira Batalla de Copenhague]] ([[1801]]), os ingleses prenderon grandes números de naves da frota dinamarquesa, na [[Segunda Batalla de Copenhague]] ([[1807]]). Isto rematou coa neutralidade dinamarquesa, encerellándose os dinamarqueses nunha guerra naval de guerrillas, onde con pequenos barcos canoneiros pretendían atacar aos barcos ingleses -moito maiores- que estivesen en augas dinamarquesas e norueguesas. A Guerra das Canoneiras rematou cando a frota inglesa obtivo a vitoria na [[Batalla de Lyngør]] en [[1812]], na cal foi destruído o derradeiro dos buques de guerra dinamarqueses, unha [[Fragata (buque)|fragata]].
==== A Paz de Amiens ====
O [[Tratado de Amiens]] ([[1802]]) deu como resultado a paz entre o [[Reino Unido]] e [[Francia]], e significou o colapso final da [[Segunda Coalición]]. Con todo, nunca se considerou un tratado duradeiro: ningunha das partes estaba satisfeita e ambas incumpriron partes do mesmo. As hostilidades recomezaron o [[18 de maio]] de [[1803]]. O obxecto do conflito cambiou desde o desexo de restaurar a [[Antigo Réxime|monarquía francesa]] á loita para acabar con Napoleón Bonaparte.
Bonaparte declarou o [[Primeiro Imperio Francés|Imperio]] o [[28 de maio]] de [[1804]], e foi coroado emperador na catedral de [[Catedral Notre Dáme de París|Notre-Dáme]] de París o [[2 de decembro]].
== A Terceira Coalición ==
{{Artigo principal|Terceira Coalición}}
Napoleón planeou a invasión das [[Illas Británicas]], e reuniu 180.000 soldados en [[Boulogne-sur-Mer|Boulogne]]. Con todo, cumpría conseguir antes a superioridade naval para levala a cabo, ou polo menos, afastar á frota británica da [[Canle da Mancha]]. Elaborouse un complexo plan para distraer aos británicos, ameazando as súas posesións nas [[Illas Caribes|Indias Occidentais]], pero este plan fallou cando a frota Franco-Española ao mando do almirante [[Villeneuve]] retirouse tras unha acción pouco decidida deste na [[Batalla do Cabo Finisterre]] ([[1805]]). Villeneuve viuse bloqueado en [[Cádiz]] ata que a frota combinada saíu de novo o [[19 de outubro]] con destino a [[Nápoles]]. Esta frota foi prendida e vencida na [[Batalla de Trafalgar]] o [[21 de outubro]] pola armada inglesa ao mando de [[Horatio Nelson]]. Napoleón enviara nove plans diferentes a Villeneuve, pero este vacilou constantemente, provocando este desastroso resultado.
Tras este contratempo, Napoleón abandonou (aínda que non esqueceu) os seus plans para invadir as Illas Británicas, e volveu a súa atención aos seus inimigos no Continente. O exército francés deixou [[Boloña|Boulogne]] e trasladouse a [[Austria]].
A serie de conflitos navais e coloniais, incluíndo a chamada ''Acción de 1805'', onde tres barcos franceses atacaron a un navío de liña e un cargueiro [[Inglaterra|inglés]], foron a tónica deses meses, e levaron a Napoleón á súa decisión de abortar os seus plans de invadir Inglaterra. Isto era tamén un claro sinal da nova natureza da guerra. Os conflitos no [[Illas Caribes|Caribe]] podían ter un efecto inmediato e directo sobre o conflito europeo, e batallas dadas a miles de quilómetros influían o resultado das outras. Isto era talvez un signo de que as Guerras Napoleónicas chegaran a un punto no que se converteron nunha guerra mundial. O único precedente dun conflito tan amplo e a tal escala foi a [[Guerra dos Sete Anos]].
En abril de [[1805]], o [[Reino Unido]] e [[Rusia]] asinaron un tratado para expulsar aos franceses de [[Países Baixos|Holanda]] e [[Suíza]]. [[Austria]] uniuse á alianza trala anexión de [[Xénova]] e a proclamación de Napoleón como Rei de Italia. Os austríacos comezaron a guerra invadindo [[Baviera]] cun exército duns 70.000 homes baixo o mando de [[Karl Mack von Lieberich]], e o exército francés saíu de Boulogne a fins de xullo de [[1805]] para enfrontarse a eles. Na [[Batalla de Ulm]] ([[25 de setembro]] ao [[20 de outubro]]), Napoleón tratou de vencer ao exército de Mack cunha brillante manobra envolvente, forzando a súa rendición sen substanciais perdas. Co exército principal de Austria ao norte dos [[Alpes]] vencido (outro exército baixo o mando do [[Erzherzog Karl von Österreich|Arquiduque Carlos de Austria]] acosara o exército de [[André Masséna]] en [[Italia]] con resultados pouco concluíntes), Napoleón ocupou [[Viena]]. Lonxe das súas liñas de subministración, enfrontouse cun exército austro-ruso superior ao seu e baixo o mando de [[Mijaíl Kutúzov]], cos emperadores [[Francisco II]], [[Sacro Imperio Romano|Sacro Emperador Romano]] e [[Alexandre I de Rusia]] presentes. No que é usualmente considerado a súa maior vitoria, o [[2 de decembro]] Napoleón esnaquizou ao exército combinado austro-ruso na [[Batalla de Austerlitz]], en [[Moravia]]. Infrinxiu un total de 25.000 baixas a un exército numericamente superior mentres tivo menos de 7.000 nas súas propias filas. Tras Austerlitz, Austria asinou o [[Tratado de Pressburg]], deixando a coalición. Isto custoulle a Austria ceder [[Venecia]] ao Reino de Italia (Napoleónico) e o [[Rexión de Tirol|Tirol]] a Baviera.
Coa retirada de Austria da guerra sobreveu un estancamento. O exército napoleónico tiña unha marca de vitorias imbatibles en terra, pero a forza total do exército ruso aínda non entrara en xogo.
== A Cuarta Coalición ==
A [[Cuarta Coalición]] ([[1806]]-[[1807]]) de [[Prusia]], [[Saxonia]] e [[Rusia]] contra Francia formouse só uns meses despois do colapso da coalición precedente. En xullo de 1806, o Emperador de Francia creara a [[Confederación do Rin]], ignorando aos minúsculos estados alemáns do val do [[río Rin|Rin]] e do interior de [[Alemaña]]. Moitos dos estados máis pequenos anexionáronse a electorados, [[Duque|ducados]] e reinos máis grandes para facer do goberno da Alemaña non prusiana un labor máis sinxelo. Os maiores estados foron [[Saxonia]] e [[Baviera]], cuxos gobernantes foron elevados ao rango de reis por Napoleón.
En agosto, o rei de Prusia [[Federico Guillerme III]] tomou a decisión de ir á guerra independentemente das outras grandes potencias. O curso dos acontecementos máis sensato fose declarar a guerra o ano anterior e unirse a Austria e Rusia. Isto podería conter a Napoleón e prevido o desastre aliado na [[Batalla de Austerlitz]]. Así as cousas, o exército ruso, un aliado de Prusia, atopábase bastante lonxe cando Guillerme fixo a súa declaración de guerra. En setembro, Napoleón lanzou a todas as forzas francesas sobre o Rin. Eran ao redor de 160.000 homes, cifra que aumentou a medida que a campaña desenvolvíase, contra Prusia, e movéronse con tal velocidade que virtualmente aniquilaron ao exército Prusiano duns 250.000 homes. Prusia tivo que soportar a morte de 25.000 deles, 150.000 foron feitos prisioneiros e os franceses apropiáronse dunhas 4.000 pezas de [[artillería]] e 100.000 [[mosquete]]s, que foron almacenados en [[Berlín]]. O exército prusiano foi definitivamente vencido por Napoleón na [[Batalla de Jena]], e polo mariscal [[Louis Nicolas Davout]] na [[Batalla de Auerstädt]] ([[14 de outubro]] de [[1806]]). Esta última batalla enfrontou a un simple corpo do exército francés que derrotou ao groso do exército Prusiano. En [[Jena]], Napoleón unicamente loitou contra un destacamento.
Napoleón entrou en Berlín o día 27, e visitou a tumba de [[Federico II o Grande]], ordenando aos seus mariscais quitarse o chapeu e dicindo: ''Se el estivese vivo, nós non estariamos aquí hoxe''. En total, a Napoleón tardara soamente 19 días desde o comezo do seu ataque sobre Prusia ata o final da guerra coa caída de Berlín e a destrución dos seus principais exércitos en Jena e Auerstädt. Como contraste, Prusia loitara durante tres anos na guerra da Primeira Coalición.
En Berlín, Napoleón promulgou unha serie de [[Decreto de Berlín|decretos]], que entraron en vigor o [[21 de novembro]] de [[1806]], levando a efecto o [[Bloqueo Continental]], que pretendía eliminar a ameaza británica a través de medidas económicas. Como se explicou ao principio deste artigo, o exército británico era unha pequena ameaza para Francia. O [[Reino Unido]] mantiña un exército regular de só 220.000 homes no momento álxido das Guerras Napoleónicas, cando as forzas francesas superaban a cifra dun millón e medio, ademais dos exércitos de numerosos aliados e moitos centos de miles de gardas que podían ser agregados ao exército en caso necesario. A [[Armada Real Inglesa]] era problemática no concernente ao comercio extra-continental de Francia, pero non podía facer nada contra o comercio francés continental, e non supuña unha ameaza para o territorio de Francia. Doutra banda, a poboación e a capacidade de produción francesa eran abrumadoramente superiores á británica; con todo, o dominio dos mares do Reino Unido permitiulle consolidar unha considerable forza económica, que era suficiente para asegurar que Francia nunca podería consolidar a paz polas coalicións que Inglaterra levantaba contra ela. Os gobernantes franceses, en cambio, crían que illar a Inglaterra do continente acabaría coa súa influencia económica sobre [[Europa]]. Esta era a base do chamado ''Bloqueo Continental'', que foi o que se impuxo.
A seguinte etapa da guerra levou á expulsión de tropas rusas de [[Polonia]] e a creación do novo ''[[Gran Ducado de Varsovia]]''. Napoleón entón tomou rumbo norte para enfrontarse aos restos do exército ruso e intentar capturar a nova capital prusiana de [[Königsberg]]. Un movemento táctico na [[Batalla de Eylau]], entre o 7 e o 8 de febreiro, forzou aos rusos a unha posterior rendición. Napoleón levou ao exército ruso entón á [[Batalla de Friedland]], o [[14 de xuño]]. Tras esta derrota, Alexandre viuse forzado a asinar a paz con Napoleón en [[Tratado de Tilsit|Tilsit]], o [[7 de xullo]] de [[1807]].
No [[Congreso de Erfurt]] ([[1808]]), Napoleón e o [[Tsar]] [[Alexandre I de Rusia|Alexandre I]] acordaron que Rusia debía forzar a [[Suecia]] a unirse ao [[Bloqueo Continental]], o cal conduciu á [[Guerra Finlandesa]] e á división de Suecia polo [[golfo de Botnia]]. A parte oriental foi anexionada por Rusia no ''[[Gran Ducado de Finlandia]]''.
== A Quinta Coalición ==
[[Ficheiro:El_Tres_de_Mayo,_by_Francisco_de_Goya,_from_Prado_in_Google_Earth.jpg|miniatura|300px|Os fusilamentos do [[3 de maio]] de [[1808]], de [[Francisco de Goya]].]]O alzamento popular contra a invasión francesa o [[2 de maio]] de [[1808]] deu lugar á [[Guerra da Independencia Española]], que finalizou en [[1814]] coa expulsión do trono de [[José Bonaparte]] e a restauración da monarquía borbónica na figura de [[Fernando VII]].
A [[Quinta Coalición]] ([[1809]]) do Reino Unido e Austria contra Francia formouse mentres o Reino Unido enfrontábase con Francia na [[Guerra da Independencia Española]].
De novo, o Reino Unido quedouse só, o que se debía en gran parte ao feito de que Gran Bretaña nunca entrara nun conflito a gran escala con Francia, ao contrario que os seus aliados continentais. A actividade militar británica reduciuse a unha sucesión de pequenas vitorias nas colonias francesas e outras vitorias navais en [[Copenhaguen]] ([[2 de setembro]] de [[1807]]). En terra, só se intentou a desastrosa [[Expedición Walcheren]] ([[1809]]). A loita centrouse entón na guerra económica - [[Bloqueo Continental]] contra bloqueo naval. Ambos os lados entraron en combate tratando de reforzar os seus bloqueos; os ingleses combateron aos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] na Guerra de 1812, e os franceses enfrontáronse na [[Guerra da Independencia Española|Guerra de Independencia]] en [[España]] ([[1808]]-[[1814]]). O conflito na [[Península Ibérica]] comezou cando [[Portugal]] continuou comerciando con [[Inglaterra]] a pesar das restricións francesas. Cando tropas españolas venceron aos franceses na [[batalla de Bailén]], demostrando que unha parte importante do pobo español non quería manter a súa alianza con Francia, as tropas francesas ocuparon gradualmente o seu territorio ata entrar en [[Madrid]], o que propiciou a intervención inglesa.
Austria, previamente aliada de Francia, aproveitou a oportunidade de intentar recuperar o seu antigo [[Imperio Alemán]] que existira antes de [[Batalla de Austerlitz|Austerlitz]]. Inicialmente tiveron éxito contra as débiles forzas do mariscal Davout. Napoleón deixara a Davout con soamente 170.000 soldados para defender a fronteira Occidental de Francia. Esta mesma tarefa levouse a cabo nos anos 1790 por 800.000 soldados, e entón tiñan que defender unha fronte moito menor.
Napoleón gozou dun fácil éxito en España, retomando Madrid e derrotando a españois e ingleses, expulsando ao exército inglés da [[Península Ibérica|península]]. O ataque de Austria colleu desprevido a Napoleón, que estaba envolvido en vitoriosas operacións contra o Reino Unido. Isto fixo que abandonase a Península Ibérica e non volvese nunca máis a ela. Na súa ausencia, e en ausencia dos seus mellores oficiais (Davout permaneceu no leste durante a guerra), a situación cambiou, especialmente cando chegou o xeneral inglés [[Sir Arthur Wellesley]] como comandante das forzas británicas.
Os austríacos introducíronse no Gran Ducado de Varsovia, pero foron vencidos na [[Batalla de Radzyn]], o [[19 de abril]] de [[1809]]. O exército polaco recuperou o territorio coñecido como [[Galicia (Europa Central)|Galicia Occidental]] tras os seus primeiros éxitos.
Napoleón asumiu o mando no leste e alentou ao exército para contraatacar en Austria. Unha serie de batallas relativamente menores aseguraron a masiva [[Batalla de Aspern-Essling]], a primeira derrota táctica de Napoleón. O erro do comandante austríaco, o [[Erzherzog Karl von Österreich|Archiduque Carlos]], ao querer proseguir tras a súa pequena vitoria, permitiu a Napoleón preparar un intento de cercar [[Viena]], cousa que fixo a primeiros de xullo. Venceu aos austríacos na [[Batalla de Wagram]], entre o [[5 de xullo]] e o [[6 de xullo]]. Durante esta batalla o mariscal [[Jean Baptiste Jules Bernadotte|Bernadotte]] foi desposuído do seu título e ridiculizado por Napoleón fronte a outros oficiais do Estado Maior. A Bernadotte ofrecéronlle entón a coroa de Príncipe de Suecia, que aceptou traizoando así a Napoleón. Posteriormente, Bernadotte participaría activamente nas guerras contra o seu antigo emperador.
A guerra da Quinta Coalición terminou co [[Tratado de Schönbrunn]], o [[14 de outubro]] de [[1809]].
En [[1810]], o [[Imperio Francés]] alcanzou a súa máxima extensión. Napoleón casou coa arquiduquesa Marie-Louise, filla do emperador de Austria, co fin de asegurar unha alianza estable con Austria e proporcionar ao Emperador un herdeiro, algo que a súa primeira esposa, Xosefina, non puidera darlle. Ademais do Imperio Francés, Napoleón controlaba a Confederación [[Suíza]], A Confederación do Rin, o Gran Ducado de Varsovia e o Reino de [[Italia]]. Os territorios aliados incluían: o [[España|Reino de España]] ([[José Bonaparte]]), o reino de [[Westfalia]] ([[Xerónimo Bonaparte]]), o reino de [[Nápoles]] ([[Joachim Murat]], irmán adoptivo), o principado de Lucca e Piombino ([[Félix Bacciocchi]], irmán adoptivo), e os seus antigos inimigos, Prusia e Austria.
== A Sexta Coalición ==
A [[Sexta Coalición]] ([[1812]]-[[1814]]) consistiu na alianza do Reino Unido, Rusia, Prusia, Suecia, Austria e certo número de estados alemáns contra Francia.
En [[1812]], Napoleón invadiu Rusia para obrigar ao Emperador [[Alexandre I de Rusia]] a permanecer no Bloqueo Continental e eliminar o perigo inminente dunha invasión rusa de [[Polonia]]. A ''[[Grande Armée]]'', 650.000 homes (270.000 franceses e moitos soldados de países aliados ou súbditos), cruzaron o [[río Niemen]] o [[23 de xuño]] de [[1812]]. Rusia proclamou a [[Guerra Patriótica]], mentres Napoleón proclamaba unha Segunda Guerra Polaca, pero en contra das expectativas dos polacos, que forneceron case 100.000 soldados para a forza invasora, Napoleón evitou dar concesión algunha a Polonia, tendo en mente as posteriores negociacións con Rusia. Rusia mantivo a táctica de retirarse, deixando tras de si a ''terra queimada''. Os rusos detivéronse e loitaron na [[Batalla de Borodino]], o [[7 de setembro]], que aínda que foi moi sanguenta, forzou aos rusos a retirarse e deixar expedito o camiño cara [[Moscova]]. Sobre o [[14 de setembro]], Moscova era prendida e saqueada. Alexandre I evitou capitular. Sen un signo claro de vitoria á vista, Napoleón viuse forzado a retirarse de Moscova despois de que o gobernador, [[Fyodor Rostopchin|príncipe Rostopchin]], ordenase o incendio total da cidade. Así comezaba a desastrosa Gran Retirada, con 370.000 baixas e 200.000 prisioneiros. En novembro, só quedaban 27.000 soldados para cruzar o [[río Berezina]]. Napoleón deixou ao seu exército para volver a París e preparar a defensa de Polonia do avance ruso. A situación non era tan desesperada como podería semellar ao principio. Os rusos perderan 400.000 homes, e o seu exército estaba igualmente esgotado. Con todo tiñan a vantaxe dunhas liñas de subministración máis curtas e podían renovar as súas tropas con maior rapidez que os franceses.
Ao mesmo tempo, na [[Guerra da Independencia Española|guerra española]], na [[Batalla de Vitoria]] ([[21 de xuño]] de [[1813]]), a ocupación francesa de España acabouse definitivamente pola vitoria de [[Sir Arthur Weasley]] sobre [[Xosé Bonaparte]], e os franceses víronse forzados a abandonar España cruzando os [[Pireneos]].
Vendo unha oportunidade nesta histórica derrota de Napoleón, Prusia volveu á guerra, Napoleón creu que podería crear un novo exército tan grande como o que enviara a Rusia, e reforzou axiña as súas forzas no leste de 30.000 a 130.000 homes, que posteriormente chegaron aos 400.000. Napoleón inflixiu 40.000 baixas nas forzas aliadas na [[Batalla de Lützen (1813)|Batalla de Lützen]] ([[2 de maio]] de [[1813]]), e na [[Batalla de Bautzen]] ([[20 de maio]] ao [[21 de maio]]). Ambas as dúas batallas enfrontaron a un total de 250.000 homes, converténdose nas maiores batallas de tódalas guerras.
O armisticio declarouse o [[4 de xuño]] e continuou ata o [[13 de agosto]], tempo durante o cal ambas as partes trataron de recuperar o cuarto de millón de baixas que aproximadamente tiveron desde abril. Tamén neste período os aliados negociaron para levar a Austria a un enfrontamento aberto con Francia. Formáronse dous exércitos austríacos que tiñan ao redor de 800.000 tropas fronteirizas na fronte alemá, cunha reserva estratéxica de 350.000, formada para apoiar as operacións fronteirizas.
Napoleón puido levar o groso das forzas imperiais na rexión ata ao redor de 650.000 homes, aínda que só 250.000 estaban baixo o seu mando directo, con outros 120.000 baixo o mando de [[Nicolas Charles Oudinot]] e 30.000 baixo o mando de Davout. A [[Confederación do Rin]] equipou a Napoleón co groso das forzas restantes, sendo [[Saxonia]] e [[Baviera]] os principais cooperantes. Ademais, o reino de Nápoles de Murat no sur e o reino de Italia de [[Eugene de Beauharnais]] tiñan unha forza combinada total de 100.000 homes, e entre 150.000 e 200.000 tropas procedentes de España foran forzadas a retirarse polas forzas españolas e británicas que acadaban un número de ao redor de 150.000. Polo tanto, 900.000 soldados franceses en total opuxéronse en todas as frontes de batalla a ao redor dun millón de efectivos aliados (sen incluír as reservas estratéxicas que se estaban formando en Alemaña). As aparencias, con todo, enganaban un pouco xa que moitos dos soldados alemáns que loitaban no bando francés non eran nada fiables, e sempre estaban dispostos a desertar ao bando aliado. É razoable entón dicir que Napoleón non podía contar con máis de 450.000 homes en Alemaña, o cal significaba que malia tódolos seus intentos e propósitos, era superado nunha relación de dúas sobre un.
Tralo fin do armisticio, Napoleón parecía recuperar finalmente a iniciativa en [[Dresde]], onde venceu a un exército aliado numericamente superior, e inflixiulle enormes perdas, mentres os franceses sufriran relativamente poucas. Con todo, os fallos dos seus mariscais e unha falta de seguridade no resto da ofensiva pola súa banda custoulles a vantaxe parcial que esta significativa vitoria puidéralles asegurar.
Na [[Batalla de Leipzig]] en Saxonia ([[16 de outubro]] ao [[19 de outubro]] de [[1813]]), tamén chamada «''[[Batalla das Nacións]]''», 191.000 franceses loitaron contra máis de 450.000 aliados, e os franceses foron derrotados e forzados a retirarse a Francia. Napoleón loitou nunha serie de batallas, incluíndo a [[Batalla de Arcis-sur-Aube]], en Francia, pero aos poucos foi forzado a retroceder fronte a superioridade dos seus opoñentes.
[[Ficheiro:Russparis.jpg|miniatura|dereita|350px|O exército ruso entra en [[París]] ([[30 de marzo]] de [[1814]])]]
Durante estes días tivo lugar a [[Campaña dos Seis Días]], na cal gañou múltiples batallas contra as tropas inimigas que avanzaban cara París, pero nunca conseguiu conducir ao campo de batalla a máis de 70.000 homes durante toda a campaña, fronte a máis de medio millón de tropas aliadas. No [[Tratado de Chaumont]], de [[9 de marzo]], os aliados acordaron manter a Coalición ata a derrota definitiva de Napoleón.
Os aliados entraron en París o [[30 de marzo]] de [[1814]]. Napoleón estaba decidido a loitar, incapaz de afrontar a súa caída do poder. Durante a campaña calculara uns reforzos de 900.000 recrutas frescos, pero só puido mobilizar unha fracción desa cifra, e os esquemas progresivamente máis irreais de Napoleón para a vitoria deixaron paso a unha realidade sen esperanzas. Napoleón abdicou o [[6 de abril]] mercé ao [[tratado de Fontainebleau]] de 1814 e iníciase o [[1 de outubro]] o [[Congreso de Viena]].
Napoleón foi exiliado á illa de [[Illa de Elba|Elba]], e restaurouse a dinastía borbónica en Francia baixo [[Luís XVIII de Francia|Luís XVIII]].
== A Sétima Coalición ==
A [[Sétima Coalición]] ([[1815]]) uniu a [[Reino Unido]], [[Rusia]], [[Prusia]], [[Suecia]], [[Austria]], os [[Países Baixos]] e certo número de [[Estados de Alemaña|estados alemáns]] contra [[Francia]].
O período coñecido como os [[Cen Días]] comezou cando [[Napoleón]] abandonou [[Illa de Elba|Elba]] e desembarcou en [[Cannes]], o [[1 de marzo]] de [[1815]]. A medida que se trasladaba cara a [[París]], foi solicitando apoios por onde pasaba, e finalmente derrocou ao recentemente restaurado [[Luís XVIII de Francia|Luís XVIII]]. Os aliados prepararon de inmediato os seus exércitos para enfrontarse a el de novo. Napoleón alistou a 280.000 homes, divididos en moitos exércitos. Antes da súa chegada había un exército de 90.000 homes, e conseguiu reunir a máis dun cuarto de millón, veteranos de pasadas campañas, e promulgou un [[decreto]] para mobilizar ao redor de 2,5 millóns de homes no exército francés.
Isto foi o que dispuxo fronte a un exército aliado inicial de ao redor de 700.000 soldados, aínda que os plans de campaña aliados tiñan previsto o reforzo dun millón de efectivos nas tropas fronteirizas, apoiadas por uns 200.000 soldados de [[guarnición]], loxística e persoal auxiliar. Pretendíase que esta forza excedese abrumadoramente ao numericamente inferior exército imperial francés, o cal nunca chegou a aproximarse nin de lonxe ao número de efectivos de 2,5 millóns pretendido por Napoleón.
[[Ficheiro:Waterloo campaign map.png|esquerda|miniatura|300px|Mapa da campaña de Waterloo]]
Napoleón conduciu a uns 124.000 homes do exército ao norte nunha manobra preventiva para atacar aos aliados en [[Bélxica]]. A súa intención era atacar aos exércitos aliados antes de que chegasen a unirse, coa esperanza de botar aos ingleses ao mar e botar aos prusianos da guerra. A súa marcha á fronteira tivo o efecto sorpresa que agardara. Forzou aos prusianos a loitar na [[Batalla de Ligny]] o [[16 de xuño]], derrotándoos e facéndolles retroceder nunha desordenada desbandada. Ese mesmo día, el á esquerda do exército, baixo o mando do mariscal [[Michel Ney]], detivo con éxito a todas as forzas que [[Sir Arthur Wellesley|Wellington]] enviaba en axuda do comandante prusiano [[Blücher]], cunha acción de bloqueo na [[Batalla de Quatre Bras]]. Con todo, Ney non puido despexar os cruces, e Wellington reforzou a súa posición. Cos prusianos en retirada, Wellington viuse forzado a retirarse tamén. Agrupouse nunha posición que recoñecera previamente nunha ladeira do monte ''Saint Jean'', a poucas millas ao sur da vila de [[Waterloo]], en [[Bélxica]]. Napoleón levou os seus reservas ao norte, e reuniu ás súas forzas coas de Ney para perseguir ao exército de Wellington, pero non sen antes ordenar ao mariscal [[Emmanuel de Grouchy|Grouchy]] que se desviase á dereita e detivese a reorganización do exército prusiano. Grouchy fallou neste empeño, porque aínda que venceu á retagarda prusiana baixo o mando do Tenente Xeral von Thielmann na [[Batalla de Wavre]] (do [[18 de xuño]] ao [[19 de xuño]]), o resto do exército prusiano ''marchou baixo o son dos canóns'' en Waterloo.
O comezo da [[Batalla de Waterloo]], na mañá do [[18 de xuño]] de [[1815]], atrasouse durante moitas horas, xa que Napoleón estaba agardando que o chan secase trala choiva da noite anterior. A últimas horas da tarde, o exército francés non puidera expulsar ás tropas de Wellington da ladeira escarpada onde estaban. Cando chegaron os prusianos e atacaron o flanco dereito francés en número cada vez maior, a estratexia de Napoleón de manter aos aliados divididos fallara, e o seu exército atopouse nunha confusa retirada, empuxado por un avance combinado dos aliados.
Grouchy redimiuse en parte ao organizar con éxito unha retirada en orde cara [[París]], onde o mariscal Davout tiña 117.000 homes preparados para facer retroceder aos 116.000 homes de Blücher e Wellington. Isto fora militarmente posible, pero foi a política finalmente a que precipitou a caída do Emperador.
Ao chegar a París, tres días despois de Waterloo, Napoleón aínda aferrábase á esperanza da resistencia nacional, pero os cargos políticos, e o público en xeral, retiroulle o seu apoio. Napoleón foi forzado a abdicar de novo o [[22 de xuño]] de [[1815]]. Os aliados exiliáronlle entón á remota illa de [[Santa Helena]], no [[Atlántico]] Sur.
As Guerras Napoleónicas tiveron tres grandes repercusións sobre o continente Europeo:
* En moitos países de Europa, a importación dos ideais da [[Revolución Francesa]] ([[democracia]], procesos xustos nos [[tribunal|tribunais]], abolición dos dereitos privilexiados etc) deixaron un fondo impacto. Malia seren autoritarias as regras de Napoleón, eran certamente menos arbitrarias e autoritarias cas dos monarcas anteriores (ou que as dos [[xacobino]]s e o réxime do [[Directorio (Francia)|Directorio]] durante a Revolución). Os [[monarca]]s europeos atoparon serias dificultades para [[Restauración Europea|repor o absolutismo]] pre-revolucionario, e víronse forzados en moitos casos a manter algunhas das reformas inducidas pola ocupación. O legado institucional permaneceu ata hoxe. Moitos países europeos teñen un sistema de leis civís, cun código legal claramente influído polo código napoleónico.
Liña 121:
== Legado militar das guerras ==
As Guerras Napoleónicas, á súa vez, tiveron un fondo impacto no que atinxe ao militar. Ata os tempos de Bonaparte, os estados de Europa empregaran exércitos relativamente pequenos, cunha alta porcentaxe de [[mercenario]]s que, en ocasións, chegaban a atacar aos seus países de orixe a soldo de potencias estranxeiras. No entanto, as innovacións militares de mediados do [[século XVIII]] lograron recoñecer o potencial dunha ''nación en guerra''.
Napoleón foi innovador na práctica da mobilidade para enfrontarse á desvantaxe numérica, como demostrou na súa triunfal vitoria sobre as forzas austro-rusas na [[Batalla de Austerlitz]], [[1805]]. O exército francés reorganizou o rol da [[artillería]] en combate, creando unidades de artillería móbiles e independentes, en oposición ao típico ataque da artillería como sustento doutras unidades. Bonaparte tamén estandarizou os [[calibre]]s dos [[Canón (arma)|canóns]], co obxectivo de asegurares unha maior facilidade nas subministracións, e a compatibilidade entre as súas pezas de artillería. Tamén propiciou a [[ciencia]], a miúdo aplicada a unha mellor intendencia dos exércitos.
A finais do [[século XVIII]], coa cuarta maior poboación a escala mundial (27 millóns, en comparación cos 12 millóns do Reino Unido e os 35-40 millóns de Rusia), Francia víase nunha localización axeitada para tomar vantaxe das levas en masa. Como a [[Revolución Francesa|Revolución]] e o reinado de Napoleón aprenderan ben a lección das [[guerra comercial|guerras comerciais]] e dinásticas do século XVIII, asumiuse erroneamente que estas estratexias foron inventadas pola Revolución, que o que realmente fixo foi aplicalas.
Tampouco se debe dar todo o mérito das innovacións a Napoleón. [[Lazare Carnot]] desempeñou un papel fundamental na reorganización do exército francés entre [[1793]] e [[1794]], un período no que a sorte de Francia mudou, cos exércitos republicanos avanzando en todas as frontes.
O Reino Unido tiña o número total de 747.670 soldados entre os anos [[1792]] e [[1815]]. Ademais, aproximadamente uns 250.000 eran empregados na [[Armada Real Inglesa|Royal Navy]]. O total do resto dos principais combatentes é difícil de calcular, pero en setembro de [[1812]] Rusia tiña un total de 904.000 homes alistados nos seus exércitos de terra, o que significa que o total de rusos que loitaron debeu estar polos dous millóns ou máis. As forzas austríacas acadaron un número sobre 576.000, con pouca ou ningunha forza naval. Austria foi o inimigo máis persistente de Francia e é razoable supor que máis dun millón de austríacos serviron no exército. Prusia non tivo máis de 320.000 homes en armas nalgún momento, só xusto detrás do Reino Unido. [[España]] acadou a cifra duns 300.000, pero débese engadir unha considerable forza [[guerrilla|guerrilleira]]. As únicas nacións que tiveron máis de 100.000 soldados mobilizados foron ademais o [[Imperio Otomán]], [[Italia]], [[Nápoles]] e [[Polonia]] (sen incluír os [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]], con 286.730 combatentes) ou a [[Confederación Maratha]]. Todas estas pequenas nacións agora tiñan exércitos que excedían en número ás grandes potencias de pasadas guerras.
Niso tiveron moito que ver as etapas iniciais da [[Revolución Industrial]]. Agora resultaba doada a produción industrial de armas, así como a capacidade de equipamento de forzas significativamente maiores. O Reino Unido foi o maior fabricante de armamento deste período, abastecendo a maioría das armas usadas polas potencias aliadas ao longo dos conflitos (e usando eles mesmos unha escasa cantidade delas). Francia foi o segundo maior produtor, armando ás súas propias forzas á vez que facía o propio coas da Confederación do Rin e outros aliados.
O tamaño numérico dos exércitos involucrados é unha clara indicación acerca do cambio no tipo de guerra. Durante a derradeira guerra importante de Europa, a [[Guerra dos Sete Anos]], poucos exércitos superaran o número de 200.000 homes. En contraste, o exército francés acadou na década de 1790 a cifra dun millón e medio de franceses alistados. En total, ao redor de 2,8 millóns de franceses loitaron no conflito en terra, e uns 150.000 loitaron no mar, polo que o total de combatentes franceses acadou a cifra duns tres millóns.
Outra das vantaxes que afectou á guerra foi o uso do [[telégrafo óptico]], que permitía ao ministro de guerra Carnot comunicarse coas forzas francesas nas fronteiras, durante os anos 1790. Este sistema seguiuse empregando. Adicionalmente, usouse por primeira vez a vixilancia aérea durante as guerras, cando os franceses usaron [[globo aerostático|globos aerostáticos]] para espiar as posicións aliadas antes da [[Batalla de Fleurus (1794)|Batalla de Fleurus]], o [[26 de xuño]] de [[1794]]. Tamén houbo adiantos en [[foguete]]ría militar durante o período de guerras.
Deste xeito foron as Guerras Napoleónicas e todos os integrantes que esta tivo.
== Bibliografía relacionada da serie «
=== En castelán ===
Liña 149:
* ''Las campañas de Napoleón : un emperador en el campo de batalla : de Tolón a Waterloo (1796-1815)''. Chandler, David. Madrid : La Esfera de los Libros S.L. ISBN 84-9734-335-2
* ''La grande armée : introdución al ejército de Napoleón''. Martín Mais, Miguel Angel. Alpedrete : Andrea Press. ISBN 84-96527-43-3
* ''Los cien días : el final de la era napoleónica''. [[Dominique de Villepin]]. Inédita Ediciones.
=== En inglés ===
Liña 157:
* ''The Cassel Dictionary of the Napoleonic Wars''. Pope, Stephen. Cassel. 1999. ISBN 0-304-35229-2
* ''Napoleon Bonaparte: A Life''. Schom, Alan. 1998. Perennial. ISBN 0-06-092958-8
* ''1812: Napoleon's Fatal March on Moscow''. Zamoyski, Adam. 2004. HarperCollins. ISBN 0-00-718489-1
== Véxase tamén ==
Liña 166:
* [[Restauración Europea]] ([[1815]]-[[1848]])
* [[Napoleón Bonaparte]]
* [[Mariscais do Imperio Francés]], lista dos mariscais de Napoleón
== Ligazóns externas ==
|