Globalización: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Outros artigos: Cidade global
m Arranxos varios
Liña 60:
=== Na cultura ===
[[Ficheiro:Guerreros de terracota.jpg|miniatura|Detalle dunha das exposicións dos [[Guerreiros de Terracota]], en Estados Unidos.]]
A globalización na cultura maniféstase na integración e o contacto de prácticas culturais: marcas, consumo de medios, valores, iconas, personaxes, imaxinario colectivo, costumes, relacións, etc. Nun sentido restritivo do concepto de [[cultura]], enténdese sobre todo o relacionado coa difusión e consumo dos produtos culturais de alcance mundial, fundamentalmente cine, televisión, literatura e música, nos que o factor tecnolóxico multiplica a súa capacidade de difusión a grande escala.
 
A isto súmase a existencia de focos de atracción para un intenso [[turismo cultural]], manifestados nos principais destinos turísticos e nos grandes eventos expositivos ([[Museo|grandes museos]], feiras e convencións) que aspiran a facer accesible unha cultura de alcance mundial, en estreita relación coa ampliación das redes de transporte internacionais, especialmente o aéreo.
Liña 66:
O mercado mundial para as [[industria do entretemento]], das que o cine estadounidense foi o maior expoñente ao longo de todo o século XX, depende de dous factores técnicos: medios de comunicación e idioma. A barreira do idioma segue dependendo da realización de doblaxes e traducións, nas industrias de contidos narrativos, creándose mercados sectoriales para as grandes linguas multinacionais como o español ou o francés, ademais da posición dominante do inglés.
 
Coa progresiva e rápida dixitalización de todos os soportes de comunicación, redúcense as barreiras á difusión mundial, reservada durante boa parte da segunda metade do século XX ás firmas de radiodifusión, os circuítos de exhibición e os acontecementos de cobertura internacional (especialmente os deportivos). A cultura global é polo tanto audiovisual, e de masas. Os argumentos universais narrativos e simbólicos tenden a fundirse nas novas iconas audiovisuais, renovados na súa estética (estilo, actores, efectos especiais, ambientación, etc.)<ref> Balló, J.; Pérez, X. ''La semilla inmortal: los argumentos universales en el cine''. Tusquets, 1997.</ref>
=== Importancia das cidades ===
As novas condiciones socio-económicas terminan difuminando o poder e as atribucións dos estados-nación. Ante este panorama xorden con forza as [[cidade]]s, grandes urbes, que compiten entre elas para atraer capital, talento e turismo. Deixaron de formar parte dun orde xerárquico que establecía a súa preeminencia en factores poboacionais, de conectividade, ou culturais. Na globalización as cidades son unha porta, un modo de acceso á economía global, e as cidades deixan de ser fitos, e pasan a conformar redes. Unha mellor inserción nestas redes supón maior competitividade e atracción. Simultáneamente, a globalización é a impulsora do acelerado proceso de urbanización e metropolización da humanidade. Nos procesos migratorios, ademais das causas económicas, ambientais ou bélicas para abandonar un territorio está a perspectiva de acceder á economía global, da mellora nas condicións de vida que supón en moitos casos chegar á cidade. E unhas teñen moito máis que ofrecer que outras.<ref> Seisdedos, Gildo (2007). ''Cómo gestionar las ciudades del siglo XXI: del "city marketing" al "urban management"''. Ed. Pearson Educación p. 16.</ref>
 
== Notas ==