Histoloxía vexetal: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
m Arranxos varios
Liña 2:
A '''histoloxía vexetal''' é a disciplina que se ocupa do estudo dos [[Tecido (bioloxía)|tecido]]s orgánicos das [[planta]]s.
 
Nunha [[planta vascular]] os tecidos diferenciados poden clasificarse de acordo con distintos criterios. Se atendemos á continuidade topográfica dos tecidos, seguindo a clasificación clásica de Sachs (1875), divídense en tecidos dérmicos, vascular e fundamental. Se os clasificamos segundo a función que desempeñan distinguiremos os seguintes: tecidos de crecemento (''[[meristema]]s''), protectores (''[[epiderme (plantas)|epiderme]]'' e ''[[periderme]]''), fundamentais (''[[parénquima]]''), de sostén (''[[colénquima]]'' e ''[[esclerénquima]]''), condutores (''[[floema]]'' e ''[[xilema]]'').
 
Ademais, as plantas tamén presentan estruturas secretoras onde acumulan substancias metabólicas que non usan directamente. Non forman tecidos claramente delimitados, senón que se encontran dentro dos tecidos primarios e secundarios.
Liña 8:
Nas plantas distínguese entre crecemento primario, que dá lugar aos tecidos do corpo primario da planta, derivados dos meristemas apicais, e crecemento secundario, orixinado máis tarde, a partir de meristemas secundarios como o [[cámbium vascular]] e o [[felóxeno]], que orixina os tecidos definitivos. Non todas as plantas teñen crecemento secundario.
 
Os tecidos do corpo primario dunha planta derivan dos [[meristema]]s apicais, formados por células en rápida división e con gran capacidade de diferenciación. Deles orixínanse a protoderme, o [[procámbium]] e o meristema fundamental, que darán lugar aos tecidos epidérmico, vascular e fundamental. Nas plantas con crecemento secundario estes tecidos reorganízanse, formando novo tecido condutor e a periderme, dando lugar aos tecidos definitivos.
 
==Tecidos definitivos==
Liña 18:
**[[Clorénquima]]: É o tecido que contén células con [[clorofila]] dedicadas a facer a [[fotosíntese]].
** [[Parénquima de reserva]]: Está na parte interna do vexetal e en órganos subterráneos, e serve de almacén ou reserva (follas grosas, cáctos, tubérculos).
* [[Colénquima]]: Forma parte dos tecidos de sostén da planta. As súas células están vivas, teñen forma alongada e paredes desigualmente engrosadas. Actúan como soporte dos órganos novos en crecemento.
 
* [[Esclerénquima]]: É outro tecido de sostén. As súas células teñen unha parede [[lignina|lignificada]] grosa e dura. Xeralmente son células mortas e actúan como reforzo e soporte das partes que xa deixaron de crecer.
 
Liña 27 ⟶ 25:
Hai dous tipos de tecidos condutores: xilema e floema. Ademais das células que forman os vasos por onde circulan o zume bruto e elaborado da planta, posúen intercalados con eles células [[parénquima|parenquimáticas]], fibras do [[esclerénquima]] e [[cámbium]].
* [[Xilema]]: é o tecido condutor da auga e sales minerais absorbidos nas raíces (o zume bruto), que reparte ao resto da planta. As súas células son alongadas, de paredes lignificadas grosas, que perderon o seu citoplasma ao maduraren. Os vasos do xilema ou [[traquea (xilema)|traqueas]] disolven as súas paredes terminais e forman tubos continuos chamados vasos.
 
*[[Floema]]: é o tecido condutor do zume elaborado, que se transporta desde as follas ao resto da planta. Comprende dous tipos de células: as células cribosas e os elementos dos tubos cribosos. A súa principal característica é a presenza de áreas cribosas, que están provistas de poros a través dos cales se comunican os citoplasmas das células veciñas. Son células vivas.
 
Liña 34 ⟶ 31:
 
* A [[epiderme (plantas)|epiderme]] vexetal é a capa máis externa do vexetal novo. Está formada xeralmente por unha capa de células aplanadas e fortemente unidas. As paredes das células están cubertas por unha [[cutícula vexetal|cutícula]] formada por lípidos do tipo das [[cera]]s ([[cutina]] principalmente), que protexen da perda de auga. Intercaladas entre as células epidérmicas aparecen outros tipos de células: células dos estomas, que forman os [[estoma]]s, que regulan o intercambio de gases entre o interior e o exterior da planta, e células que forman [[tricoma]]s ou pelos vexetais.
 
* A [[periderme]] substitúe á epiderme nos talos e raíces con crecemento secundario. Está formada fundamentalmente por súber, ou cortiza protectora e xeralmente un parénquima chamado feloderme. As células do súber están mortas e impregnadas de [[suberina]].
 
Liña 42 ⟶ 38:
*Strassburger, E. 1994. ''Tratado de Botánica''. 8va. edición. Omega, Barcelona, 1088 p.
*Esau, K. 1976. ''Anatomía Vegetal''. Omega. Páxinas 21-26. ISBN 84-282-0169-2.
 
 
[[Categoría:Histoloxía vexetal]]