Músculo liso: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
m Arranxos varios
Liña 54:
 
====Actina====
Os filamentos finos que forman parte da maquinaria contráctil están compostos predominantemente por α- e γ-[[actina]].<ref name=aguilar2010/> A α-actina do músculo liso é a isoforma predominante no músculo liso. Hai tamén moitos tipos de actinas (principalmente β-actina) que non interveñen na contracción, pero que se polimerizan xusto debaixo da membrana plasmática en presenza dun estimulante da contracción e poden así colaborar na creación de tensión mecánica.<ref name=aguilar2010/> A alfa-actina tamén se expresa en distintas isoformas xenéticas como as isoformas específicas dos músculos liso, cardíaco e esquelético. <ref>Perrin BJ, Ervasti JM.Cytoskeleton. The actin gene family: function follows isoform. (Hoboken). 2010 Oct;67(10):630-4. Review.</ref>
 
A proporción de actina con respecto á miosina está entre 2:1 e 10:1<ref name=aguilar2010>Aguilar, H. N.; Mitchell, S.; Knoll, A. H.; Yuan, X. (2010). "Physiological pathways and molecular mechanisms regulating uterine contractility". Human Reproduction Update 16 (6): 725–744. doi:10.1093/humupd/dmq016. PMID 20551073.</ref> no músculo liso, comparada coa de ~6:1 que hai no músculo esquelético e de 4:1 no músculo cardíaco.
Liña 63:
*A [[tropomiosina]] está presente no músculo liso, estendéndose ao longo de sete monómeros de actina e dispoñéndose en toda a lonxitude do filamento fino. No [[músculo estriado]], a tropomiosina serve para bloquear as [[interacción proteína-proteína|interaccións]] actina–miosina ata que está presente o calcio, que levanta o bloqueo, pero no músculo liso, a súa función é descoñecida.<ref name=aguilar2010/>
*As moléculas de [[calponina]] regulan a contracción do músculo liso.<ref name=aguilar2010/>
*O [[caldesmón]] está implicado en enganchar a actina, miosina e tropomiosina, e, por tanto, potencia a capacidade do músculo liso de manter a tensión.<ref name=aguilar2010/><ref>Winder SJ1, Walsh MP.
Calponin: thin filament-linked regulation of smooth muscle contraction.
Cell Signal. 1993 Nov;5(6):677-86. [http://www.ncbi.nlm.nih.gov/pubmed/8130072] PMID: 8130072.</ref><ref name=aguilar2010/>
Ademais, estes tres tipos de proteínas poden ter un papel na inhibición da actividade [[ATPase]] do complexo da miosina que é a que proporciona a enerxía para a contracción muscular.<ref name=aguilar2010/>
 
Liña 97:
Algunhas substancias externas inflúen na contracción. Por exemplo, a maioría dos vasos sanguíneos responden á [[noradrenalina]] e á [[adrenalina]] (procedentes da estimulación [[sistema nervioso simpático|simpática]] ou da [[medula adrenal]]) con vasoconstrición (esta resposta está mediada por [[receptor adrenérxico|receptores adrenérxicos]] alfa 1). Ao contrario, os vasos sanguíneos no músculo esquelético e o músculo cardíaco responden a estas [[catecolamina]]s con vasodilatación, porque posúen receptores adrenérxicos beta.
 
Xeralmente, o músculo liso arterial responde ao dióxido de carbono experimentando vasodilatación, e responde ao oxíxeno sufrindo vasoconstrición. Os vasos sanguíneos pulmonares dos pulmóns teñen a característica peculiar de vasodilatarse con tensións de oxíxeno altas e vasoconstrinxirse cando non hai escaso oxíxeno. O músculo liso dos [[bronquíolo]]s pulmonares, responde ás altas presións de dióxido de carbono vasodilatándose, pero sofre vasoconstrición cando o nivel de dióxido de carbono é baixo. Estas respostas ao dióxido de carbono e ao oxíxeno dos vasos sanguíneos pulmonares e do músculo liso do tracto respiratorio bronquiolar contribúen a axustar a perfusión coa ventilación nos pulmóns.
 
Ademais, os músculos lisos de diferentes tecidos poden ter unha cantidade de [[retículo sarcoplásmico]] desde moi abundante a pouco, polo que o acoplamento excitación-contracción varía coa súa dependencia do calcio extracelular ou intracelular.
Liña 132:
* unha diminución da fosforilación da cadea lixeira da miosina de 20kd ao alterar a sensibilización ao calcio e incrementar a actividade da fosfatase da cadea lixeira da miosina,
* unha estimulación dos canais de potasio sensibles ao calcio que hiperpolariza a célula,
* e a fosforilación dos residuos de aminoácidos [[serina]] 16 na pequena [[proteína de choque térmico]] (hsp20) feita polas proteína quinases A e G. A fosforilación de hsp20 parece alterar a actina e a dinámica das adhesións focais e a interacción actina-miosina, e hai probas recentes que indican que neste proceso está implicada a unión da hsp20 á proteína 14-3-3. Unha hipótese alternativa é que a a [[hsp20]] fosforilada pode tamén alterar a afinidade da miosina fosforialda pola actina e inhibe a contractilidade ao interferir coa formación de pontes cruzadas.
 
O factor de hiperpolarización derivado do endotelio estimula os canais de potasio sensibles ao calcio e/ou os canais de potasio sensible ao ATP e estimula o efluxo de potasio, o cal hiperpolariza a célula e produce relaxación.
Liña 168:
* KansasHistology muscular muscle08 [http://www.kumc.edu/instruction/medicine/anatomy/histoweb/muscular/muscle08.htm "Smooth Muscle"]
* BUHistology [http://www.bu.edu/histology/p/21701ooa.htm 21701ooa]
 
 
[[Categoría:Sistema muscular]]