Diferenzas entre revisións de «Museo do Mar de Galicia»

m
Arranxos varios
m (Arranxos varios)
 
== Arquitectura ==
Foi proxectado polo arquitecto [[Galicia|galego]] [[César Portela]] e o [[Italia|italianoitalia]]no [[Aldo Rossi]] e levado a cabo por Portela á morte do último. A construción toma como base a estrutura da antiga fábrica de conservas de Alcabre, sendo ampliada a maiores no deseño.
 
Consta de tres edificios: Un edificio principal, outro secundario ao que se accede a través dunha pasarela, o acuario e un pequeno restaurante. Na contorna hai tamén un faro de estrutura metálica e unha rompente.
Na entrada, hai unha pequena baixada empedrada, franqueada por dúas fileiras de árbores e nun lateral desta hai un mural policromado feito con [[gres]] de [[Burela]], concibido por [[Francisco de Sales Covelo]] e interpretado por [[Isaac Díaz Pardo]] na factoría do [[Grupo Sargadelos]] en [[Sargadelos, Cervo|Sargadelos]] en [[2003]].
 
O edificio consta de recoñecemento mundial, como unha grande obra arquitectónica,{{Cómpre referencia}} recibindo visitas de estudantes de arquitectura de diversos países.
 
== O Museo ==
Os edificios conteñen a exposición permanente do museo, e ademais aloxan diversas exposicións temporais de temáticas moi variadas, na medida do posible relacionadas co mar.
 
O primeiro edificio, contén a recepción, onde se tramitan as entradas, e un pequeno espazo de tenda para a venda de produtos relacionados co mar e recordos, as salas de exposicións temporais, e as primeiras salas da exposición permanente, que serían O Gabinete do naturalista, a Homenaxe o desastre do ''[[Prestige]]'' e Exploración do mundo submarino, xunto con algunhas pezas illadas, principalmente fotografías da zona mariñeira de Vigo e maquetas de diferentes embarcacións.
 
A través dunha pasarela acristalada que permite ver o [[castro de Alcabre]] e a [[Ría de Vigo]], accédese ao segundo edificio. Nel hai unha gran sala con diversos bloques temáticos, incluíndo embarcacións tradicionais, [[industria conserveira]] e industria baleeira.
 
No edificio do Acuario hai unha pequena mostra da fauna que habita a [[Ría de Vigo]], dende a costa ata as [[Illas Cíes]], entre outras especies, varias pintarroxas, douradas, rubios, linguados...
 
== Oferta cultural ==
O Museo, conta cunha extensa oferta cultural, que se basea principalmente en actividades ofertadas a colexios e familias.
 
Os visitantes poden participar nunha serie de talleres didácticos orientados cara nenos e pais, así como visitas escolares e asociacións. Estes, poden comprender diferentes temáticas, que abarcan dende "O naturalista do s. XIX" ata a "Cultura Mariñeira de Galicia".
 
Aparte de estes talleres, os visitantes poden asistir en datas sinaladas a eventos como a alimentación dos peixes do Acuario, ou a actividades realizadas exclusivamente para exposicións temporais, como pases guiados ou talleres especiais.
 
Aparte, o propio Museo participa nunha serie de actividades de investigación como [[A memoria do mar]], o proxecto [[Neuston]] ou o [[Encontro de embarcacións tradicionais de Galicia]].
 
Estas actividades poden solicitarse chamando o Museo de Martes a Venres. Tamén existe a opción de que os visitantes deixen o seu correo electrónico enchendo unha ficha en recepción, e todas estas ofertas e actividades lle serán remitidas.
 
== Centros relacionados ==
{{LugaresdeintereseVigo}}
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Museos de Vigo]]
[[Categoría:César Portela]]
393.002

edicións