Gustave Courbet: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m →‎Traxectoria: Arranxos varios
Liña 9:
Nun primeiro momento, pinta a paisaxe, especialmente os bosques de [[Fontainebleau]] e retratos, con algúns trazos románticos. Pero a partir de [[1849]] é decididamente [[realismo|realista]]. Courbet é o grande innovador do realismo. Escolle temas e personaxes da realidade cotiá, sen caer no "pintoresquismo". A súa técnica é rigorosa co pincel, co pincel plano e coa espátula. As súas referencias son os mestres do pasado como [[Velázquez]], [[Zurbarán]] ou [[Rembrandt]]. O seu realismo convértese en modelo de expresión de moitos pintores, contribuíndo a enriquecer a obra de [[Cézanne]].
 
Como os mestres antigos, Gustavo Courbet untaba a súa tea dun fondo sombrío e case negro, a partir do cal subía cara á claridade. [[Pierre Joseph Proudhon|Proudhon]], o teórico [[Socialismo|socialista]] (e o home ao que admirou máis) querería facer dil un pintor proletariano pero excepto os rompedores de pedra, non hai obreiros sobre as súas teas e, en resumidas contas, ben poucos campesiños.
 
Courbet non herda de ninguén e non terá discípulo.