Diferenzas entre revisións de «Alfredo Pérez Rubalcaba»

m
→‎Traxectoria: Arranxos varios
Sem resumo de edição
m (→‎Traxectoria: Arranxos varios)
Alfredo Pérez Rubalcaba ingresou no [[PSOE]] en [[1974]], no que comezou a colaborar na [[Federación Socialista Madrileña]] e, máis tarde, nas comisións de Ensino e Investigación tanto do partido coma do Grupo Parlamentario Socialista.
 
Coa chegada ó Gobierno do [[PSOE]] en [[1982]], Rubalcaba asumiu distintos cargos relacionados coa universidade e a educación. De feito, en [[1988]] foi nomeado Secretario de Estado de Educación, e entre [[1992]] e [[1993]] foi nomeado ministro de Educación e Ciencia. Tralas [[Eleccións Xerais 1993 en España|eleccións xerais de 1993]], o daquela [[presidente do Goberno de España|presidente do Goberno]], [[Felipe González]], nomeouno ministro da Presidencia e de Relacións coas [[ ortes]] (carteira de nova creación), cargo no que se mantivo ata as Eleccións xerais de [[1996]].
 
Nas [[Eleccións Xerais 1996 en España|xerais de marzo de 1996]], que o [[PSOE]] perdeu fronte ó [[Partido Popular|PP]], Rubalcaba resultou elixido [[deputado]] por [[Madrid]].
 
Un ano máis tarde, no [[Congresos del PSOE|XXXIV Congreso do PSOE]], foi elixido membro da Executiva e secretario de Comunicación. A súa inclusión nas listas do partido por parte do por entón secretario xeral do [[PSOE]], [[Joaquín Almunia]], veu a refrendar a súa notable importancia no Partido na nova etapa. De feito, o actual ministro do Interior foi un dos principais encargados de mantr contactos co goberno popular sobre ETA a raíz da tregua de [[1999]].
 
No XXXV Congreso socialista, no que [[José Luis Rodríguez Zapatero]] foi elixido novo secretario xeral do [[PSOE]], Rubalcaba entrou a formar parte do Comité Federal do partido.
Nesta etapa, encabezou a delegación socialista que acordou co [[PP]] o denominado Pacto polas Liberdades e contra o Terrorismo, asinado en decembro de [[2000]].
 
Nas [[Eleccións xerais españolas de 2004|eleccións xerais de marzo de 2004]], Rubalcaba foi responsable da Estratexia Electoral do [[PSOE]], e máis tarde foi nomeado voceiro do Grupo Socialista no [[Congreso dos Deputados de España|Congreso dos Deputados]]. Desde o [[11 de abril]] de [[2006]] substitúe a [[José Antonio Alonso]] á fronte da [[Ministerio do Interior de España|Carteira de Interior]]. Este relevo produciuse tralo "[[alto o fogo]]" da banda terrorista [[ETA]]. A partir de [[2010]] sumoulle tamén a vicepresidencia do goberno e mais o cargo de voceiro, que desempeñou ata uns meses antes das [[eleccións Xerais 2011 en España|eleccións xerais de 2011]], nas que encabezou a candidatura do PSOE á presidencia do goberno.
393.002

edicións