Chícharo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
m →‎top: Arranxos varios
Liña 27:
O '''chícharo''', '''ervello''', '''ervella''' ou '''perico''' ('''''Pisum sativum''''') é a pequena semente comestible da planta que se cultiva para a súa produción e dalgunhas variedades da cal, como a chamada '''[[tirabeque]]''' (''P. sativum subsp. arvensis''), pódense consumir as propias vaíñas por seren moi tenras.
 
A planta posúe un sistema vexetativo pouco desenvolvido aínda que cunha [[raíz]] pivotante que tende a profundar bastante. As follas están formadas por pares de [[folíolo]]s. As [[flor|inflorescencias]] nacen arracimadas en [[bráctea]]s foliáceas que se inseren nas axilas das follas. As sementes (chícharos) atópanse en vainas de entre 5 a 10  cm de longo que conteñen entre 4 e 10 unidades.
 
Como todas as [[leguminosa]]s, ademais de ser unha boa fonte de [[proteína]]s, [[mineral|minerais]] e [[Fibra alimentaria|fibras]] é beneficiosa para a terra, xa que fixa o [[nitróxeno]] no chan debido a certas bacterias que proliferan nos [[nódulo radicular|nódulos]] das [[raíz|raíces]] e producen [[nitrato]]s.