Trienio liberal: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
m →‎Historia: Arranxos varios
Liña 11:
Entre 1820 e 1821 producíronse varias insurreccións locais en Galicia, [[Cataluña]], [[Comunidade Valenciana|Valencia]], [[Castela]], [[Navarra]] e as [[País Vasco|Provincias Vascongadas]], pero non foi ata 1822 en que derivou nunha auténtica guerra civil sobre todo en Navarra e Cataluña e que contou co apoio da [[Igrexa Católica]], en total houbo arredor de 30.000 homes sublevados, con técnicas guerrilleiras aprendidas da [[Guerra de Independencia española|Guerra de Independencia]].
 
En xullo de 1822 unha sublevación da Garda Real transformouse nunha vitoria dos exaltados baixo o goberno de [[Evaristo San Miguel]] e en agosto de 1822 os sublevados estableceron a [[Rexencia de Urgell]], encabezada por Bernardo Mozo de Rosales (marqués de Mataflorida), Jaime Creus e Joaquín Ibáñez, que pretendían representaba a Fernando VII, a quen consideraban prisioneiro dos liberais. Pero non foron quen de derrubar ao réxime liberal, e a comezos de 1823 [[Francisco Espoz y Mina]] obrígaos a cruzar a fronteira [[Francesa|francesa]].
 
A [[Santa Alianza]] ([[Francia]], [[Austria]] e [[Rusia]]) decidira no [[Congreso de Verona]] que se celebrou o [[22 de outubro]] de [[1822]] acudir a España para restablecer o réxime absolutista e que se plasmou no envío dos Cen mil fillos de San Luís, 11.000 homes do exército francés baixo o mando de [[Luís Antonio de Borbón]], duque de Angulema, no mes de abril de 1823. Logo de atravesar os [[Pireneos]] restauraron o réxime absolutista.
Liña 17:
Unha parte da intelectualidade e da clase dirixente liberal marchou ao exilio, principalmente a [[Londres]], outros foron axustizados como Rafael de Riego que morreu aforcado o [[7 de novembro]] de 1823 en [[Madrid]].
{{Commonscat|Trienio Liberal}}
 
[[Categoría:Historia de España]]