Diferenzas entre revisións de «Banco Santander»

m
→‎top: Arranxos varios
m (Bot - formateo de números según Wikipedia:libro de estilo; cambios estética)
m (→‎top: Arranxos varios)
}}
 
O '''Banco Santander''' é unha compañía bancaria [[España|española]] creada pola unión de comerciantes da entón denominada [[Cantabria|provincia de Santander]], na actualidade [[Cantabria]], cuxas primeiras actividades financeiras datan do [[20 de agosto]] de [[1857]]. Xorde en torno ao negocio das exportacións de [[trigo]] e [[cereal|cereais]] de [[Castela]] polo porto de [[Santander]], ademais das importacións de produtos de [[América]].
 
É a orixe dunha das empresas multinacionais máis importantes de España tras o éxito e absorción de distintos bancos nacionais e estranxeiros, o [[Grupo Santander]] está formado principalmente polo ''Banco Santander Central Hispano (BSCH)'', creado en [[1999]] tras a fusión co Banco Central Hispanoamericano (BCH).
 
Foi banco emisor de papel moeda ata [[1874]], ano no que, polas medidas adoptadas polo ministro de Economía, [[José Echegaray]], dita actividade quedou reservada ao [[Banco de España]] en exclusividade. O Banco de Santander aceptou naquel momento a oferta de permanecer como banco comercial. [[Emilio Botín López]] foi o primeiro membro desta familia que chegou a presidente en [[1909]], avó do actual presidente do Grupo Santander [[Emilio Botín-Sanz de Sautuola y García de los Ríos|Emilio Botín-Sanz]]. En [[1994]] adquiriu o Banco Español de Crédito ([[Banesto]]).
 
O [[10 de marzo]] de [[2007]] o banco celebro o seu 150 aniversario cunha reunión de 1 300 directivos do banco en 22 países e o recibimento da [[Medalla de Ouro de Cantabria]].
 
== Véxase tamén ==
393.002

edicións