Técnica: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
VolkovBot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: az, be, es, et, fiu-vro, frr, mdf, stq, ur Modificado: uk
m →‎top: Arranxos varios
Liña 1:
Unha '''técnica''' (do grego, ''τέχνη'' (''téchne''), arte) é un procedemento ou conxunto destes, (regras, normas ou protocolos), que teñen como obxectivo obter un resultado determinado, xa sexa no campo da ciencia, da tecnoloxía, da arte, da educación ou en calquera outra actividade.
 
Supón o razoamento [[indución|indutivo]] e [[analoxía|analóxico]] de que en situacións semellantes unha mesma conduta ou procedemento produce o mesmo efecto, cando este é satisfactorio. É xa que logo o ordenamento da conduta ou determinadas formas de actuar e usar ferramentas como medio para acadar un fin determinado.
 
A técnica require tanto destrezas manuais como intelectuais, frecuentemente o uso de ferramentas e sempre de saberes moi variados. A técnica non é privativa do home, pois tamén se manifesta na actividade doutros [[animais]] e responde á súa necesidade de supervivencia. Nos animais as técnicas son características de cada especie. No ser humano, a técnica xorde da súa necesidade de modificar o medio e caracterízase por ser transmisible, aínda que non sempre é consciente ou reflexiva. Cada individuo xeralmente apréndea doutros (ás veces a [[invento|inventa]]) e eventualmente modifícaa. É xeralizada a crenza de que só as persoas son capaces de construír coa imaxinación algo que logo poden concretar na realidade, pero algúns [[primate]]s superiores, á parte do home, poden fabricar [[ferramenta]]s. A técnica, ás veces difícil de diferenciar da [[tecnoloxía]], xorde da necesidade de transformar a contorna para adaptala mellor ás súas necesidades.
 
Non son conceptualmente diferentes as técnicas invocadas en:
 
# [[Tecnoloxía]]: que estuda as técnicas e usa variados conxuntos delas.
Liña 11:
# A arte, onde se inclúen ademais de ferramentas e procesos, o uso de formas e [[estrutura]]s.
## Por exemplo, na [[música]], onde a técnica refírese ao xeito de executar un [[instrumento musical]], así como como ao xeito de [[compoñer]] e [[precomponer]] (véxase tamén: [[técnica estendida]]). As técnicas instrucionais son ferramentas didácticas que utiliza o instrutor para reforzar ou concretar o obxectivo de aprendizaxe suscitada.
A elección das técnicas varia de acordo ao obxectivo, as características dos participantes e do curso e da dinámica grupal.
 
[[Categoría:Tecnoloxía]]