Ballet: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
Igor Stravinskii
m Arranxos varios
Liña 2:
[[Ficheiro:Snowdance.jpg|miniatura|250px|Escena d'[[O crebanoces]] de [[Tchaikovsky]].]]
 
O '''ballet''' ou '''danza clásica''' é un xénero [[Arte dramático|dramático]] cuxa acción se representa por medio de [[Pantomima|pantomimaspantomima]]s e [[danza]]s. É, tamén, o nome específico dado a unha forma concreta de danza e a súa técnica. Segundo as épocas, os países ou as correntes o espectáculo coreográfico pode incluír ademais de [[danza]] e [[música]] (de orquestra e coral), [[mímica]], [[texto]], decorados e maquinaria. Tamén se utiliza o termo ballet para designa-la peza [[música|musical]] composta a posta para que sexa interpretada por medio da danza. O ballet está considerado como unha das artes escénicas.
 
== Xeneralidades ==
Liña 14:
No [[século XX]], o balé é obxecto de toda clase de renovacións. A estrea en [[1913]] da [[A consagración da primavera|Consagración da primavera]] de [[Igor Stravinskii]] cunha coreografía de [[Vaslav Nijinski]] provocou un dos maiores escándalos da historia da música e a danza.
 
O balé moderno, así a todo, mantén unha linguaxe máis clásica ([[Maurice Ravel]] [[La Valse]] [[1920]]), que coa súa estilización retoma as concepcións do balé clásico: [[Richard Strauss]], suite de danzas "Le Bourgeois gentilhomme"; [[Igor Stravinskii]], [[Apollon musagète]]
 
== Historia ==
Liña 20:
Os primeiros antecedentes do ballet sitúanse nas cortes dos reis de [[España]] e [[Portugal]] e logo na [[Italia]] do [[Renacemento]]. Sen embargo, adóitase tomar [[1581]] como data do seu comezo, coa representación do ''Ballet cómico da raíña'' en [[Francia]], ó se-lo primeiro que combinou nunha unidade, música, baile e argumento.
O obxectivo do balé desa época era o entretemento da aristocracia e os bailaríns acostumaban levar disfraces e traxes acordes coa acción e coa época.
 
=== O ballet cortesán ===
Liña 50:
Co [[Romanticismo]] tomouse o ballet como un bo medio de expresión da nova ideoloxía. De acordo con este movemento, moitas das obras trataban sobre temas da cultura popular de cada país.
 
Herdeira da danza barroca practicada na [[Europa]] occidental dende o [[século XVII]], a danza clásica fundaméntase, principalmente, nos dehors, o equilibrio, o rigor e a precisión dos exercicios. O seu tecnicismo non deixa de se desenvolver dende a fundación da Academia real. A danza e o seu vocabulario vanse enriquecendo continuamente utilizando, sempre, palabras francesas. Con [[A Sílfide]] ([[1832]]) operouse un gran cambio: o ideal romántico inunda a escena e a danza tórnase aérea, precisa, elaborada e esencialmente feminina.
 
Co novo movemento, a participación das bailarinas cobra especial relevancia, substituíndo ós bailaríns masculinos, predominantes ata a data. A bailarina é o centro de tódolos ballets, os partenaires masculinos serven para apoiar á bailarina e facer de portadores. O equilibrio, os [[pas de deux]] e as elevacións poñen de relevo as novas calidades técnicas. A palabra clásico fai a súa aparición cos [[Ballets Russes]] ([[1910]]), palabra que xa acompañará, para sempre, á danza.