Veterinaria: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-disponibilidade +dispoñibilidade)
m →‎Modernidade: Arranxos varios
Liña 24:
Recentemente a aplicación do Médico Veterinario ten expandindo por mor da dispoñibilidade de técnicas avanzadas de diagnóstico e de terapia para a maioría das especies animais, así como polos avances científicos noutras áreas, como a xenética, a [[biotecnoloxía]], a [[fisioloxía]], que proporcionan melloramentos nos sistemas de produción animal.
 
En 1946, a [[Organización Mundial da Saúde]] (OMS), recoñecendo a necesidade de conciliarse, definitivamente, os inseparábeis preceptos da saúde humana coa saúde dos animais, recomendou que se crease unha sección de saúde veterinaria, que foi establecida o ano de 1949. Así define a [[OMS]], en 1951, a Saúde Pública Veterinaria: ''A Saúde Pública Veterinaria comprende todos os esforzos da comunidade que influencian e son influenciados pola arte e ciencia médico-veterinaria, aplicados á prevención da enfermidade, protección da vida e promoción do benestar e eficiencia do ser humano''.
 
En 1955 foron establecidas as seguintes actividades para esta área: o control e erradicación de [[zoonose]]s; a [[hixiene]] dos [[alimentos]]; os traballos de [[laboratorio]]; os traballos en [[bioloxía]] e as actividades experimentais.