Diferenzas entre revisións de «Campá»

m
Arranxos varios
m (Arranxos varios)
É un [[instrumento de percusión]] e un [[idiófono]]. O [[instrumento musical|instrumento]] de percusión pode ser unha lingueta suspensa dentro do sino, (chamada badalo se interna é martelo se externa), dunha [[esfera]] pequena, libre, incluída dentro do corpo do sino, ou dun mallo separado.
 
As campás adoitan estar feitas de [[bronce]], mais se son pequenas poder ser tamén de [[cerámica]] ou de [[vidro]]. Ademais poden ser de calquera tamaño, dende accesorios minúsculos até as campás das [[igrexa]]a que poden pesar [[tonelada]]s.
 
== Campás sonadas ==
En Galicia son sonadas as campás da [[Catedral de Santiago de Compostela#Torre do Reloxo|Torre do Reloxo]] da [[Catedral de Santiago de Compostela]]. Como parte do mecanismo do reloxo existen dúas campás, a das horas, chamada Berenguela, e outra máis pequena que marca os cuartos, as dúas fundidas en 1729 por Güemes Sampedro; a Berenguela ten un diámetro de 255  cm e unha altura de 215  cm, cun peso aproximado de 9.600 quilos, e a dos cuartos pesa 1.839 quilos cun diámetro de 147  cm e unha altura de 150  cm. Ambas campás sufriron un agretamento que obrigou a súa substitución; as réplicas actuais fundíronse en Asten (Países Baixos) pola casa Eijsbouts en 1989 e foron colocadas na catedral en febreiro de 1990. Ademais a [[Catedral de Santiago de Compostela#Torre das Campás|Torre das Campás]] da fachada do Obradoiro conta con trece campás. As dúas maiores foron doadas en [[1483]] polo rei [[Luís XI de Francia]] á catedral. Disque no verán do 997 [[Santiago de Compostela|Compostela]] foi atacada por [[Almanzor]] e as súas hostes musulmás, que queimaron o templo prerrománico e reoubaron as campás.
 
Unha campá moi famosa é a [[Liberty Bell]], en Filadelfia, nos EUA. Tamén é coñecida a campá do [[Palacio de Westminster]], en Londre, chamada a [[Big Ben]]; o nome é universalmente empregado para se referir á torre en xeral, porén, oficialmente refírese especificamente á campá principal do interior da torre. A maior campá fundida en bronce é a [[Tsar Kolokol]], exposta actualmente no [[Kremlin de Moscova]], capital de [[Rusia]]. A campá máis antiga de [[Portugal]] áchase na vila de [[Coruche]], data de 1287.
393.002

edicións