Bandeira de Turquía: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Alan (conversa | contribucións)
m (GR) File renamed: File:Flag of the Ottoman Admiral (1453-1793).svgFile:Fictitious Ottoman flag 10.svg File renaming criterion #3: To correct obvious errors in file names, including misspelled [[c...
m →‎Historia: Arranxos varios
Liña 14:
== Historia ==
[[Ficheiro:Moonstar.jpg|miniatura|esquerda|180px|Foto dun crecente e estrela.]]
O vermello é unha cor predominante na historia turca, sobre todo se o relacionamos coas sanguentas batallas da [[Guerra de Independencia Turca]]. A media lúa e a estrela, xuntas, que polo común son consideradas símbolos islámicos hoxe en día, foron durante moito tempo empregadas en [[Asia Menor]] moito antes do advenimiento do [[Islam]].
 
A bandeira era, nun principio, simplemente unha media lúa sobre campo verde, pero esta foi modificada en [[1793]] cando o [[Sultán]] [[Selim III]] cambiou o fondo verde a vermello. En [[1844]], engadiuse a estrela. O símbolo da estrela, segundo algunhas teorías e estudos, remóntase en realidade aos tempos do emperador romano [[Constantino I o Grande|Constantino]] (fundador de [[Constantinopla]], actual [[Estambul]]), sendo considerada na súa época como un símbolo da Virxe María.
 
A orixe da bandeira, á súa vez, é amplamente descrito segundo distintas lendas no país, entre as máis populares atópase a de que o Sulatán Murad II, despois da batalla de [[Kosovo]] en [[1448]], avistou a unha lúa ocultando unha estrela sobre un fondo de sangue. Outra lenda di que durante un soño do primeiro Sultán otmán unha media lúa e unha estrela xurdiron do seu peito ampliándose, presaxiando a conquista de [[Constantinopla]]. Outra teoría di que [[Mehmed II]] viu unha media lúa e unha estrela durante a caída de Constantinopla.
 
A máis amplamente crida, con todo, conta que [[Mustafa Kemal Atatürk]], o fundador da República turca, camiñaba por un campo de batalla unha noite tras un combate vitorioso durante a Guerra de Independencia Turca, e observou a reflexión dunha estrela e a formación da media lúa crecente sobre un vasto fondo de sangue no terreo dun outeiro rochoso de Sakarya.