Distritos de Francia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m →‎top: Arranxos varios
Liña 1:
Os 100 '''[[Departamentos de Francia|departamentos franceses]]''' (''départements'') a fronte de cada un dos cales sitúase un prefeito, divídense en [[Listaxe dos distritos de Francia|342 distritos]] (''arrondissements'') que liderados por un subprefeito, teñen por misión axudar a aquel na aplicación das políticas territoriais e administrativas do Estado francés.
 
Entre [[1790]] e [[1800]] en [[Francia]], os ''districts'' foron o primeiro nivel de subdivisión dos ''départements'', e foron posteriormente substituídos polos ''arrondissements''. Durante parte do [[século XX]], denominouse ''district'' a unha forma de mancomunidade de concellos.
 
A capital dun distrito chámase ''sous-préfecture'' (subprefeitura) agás cando se trata do distrito da propia capital departamental, que mantén a denominación de "préfecture" (prefeitura), aínda que cumpre coas mesmas funcións para co resto das comunas do seu distrito.
 
Os distritos agrupan a un número determinado de [[Comuna francesa|comunas]], a división administrativa básica, que ademais se agrupan en diferentes [[Cantóns de Francia|cantóns]], organización que cumpre as funcións de partido xudicial (sede do Tribunal de Primeira Instancia) e de xeito regular, de circunscripción electoral.
 
Nas cidades de [[París]], [[Lión]] e [[Marsella]] tamén denomínanse ''arrondissements'' ás divisións administrativas que agrupan aos diferentes barrios e á fronte dos cales desígnase un "maire" (alcalde).
 
==Véxase tamén==