Colectivo Loia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
son catro
m →‎Traxectoria: Arranxos varios
Liña 11:
[[File:ManuelRivas.jpg|miniatura|Manuel Rivas.]]
 
A fin da [[Franquismo|ditadura franquista]] e o comezo da [[Transición Española|Transición española]] marcaron esta época, propiciando o nacemento dunha nova etapa e a chegada do aperturismo e a innovación. Un tempo moi marcado pola política e a recuperación das liberdades. Naqueles anos, concretamente a partir de [[1975]], xusto no esmorecer da [[Franquismo|ditadura]], apareceron moitos colectivos poéticos que foron unha inspiración para outras manifestacións culturais da época, ademais de partícipes da recuperación cultural. Podemos mencionar, ademais de Loia, grupos como [[Colectivo Alén|Alén]], [[Cravo Fondo|Cravo Fondo]] e [[Grupo Rompente|Rompente]].
 
Podemos destacar o [[Grupo Rompente]], que gardaba semellanzas con Loia nos seus obxectivos, actitude e posición ideolóxica. Compartían tamén o interese por autores da vangarda, poetas bohemios, teóricos revolucionarios e poetas galegos como [[Manuel Antonio]]. Os dous grupos tiñan diferenzas, mais asumían o compromiso coa memoria da nación e a denuncia dos totalitarismos. Caracterizábanse por crear unha estética propia, dando moita importancia ao aspecto visual, mediante a autoedición das súas publicacións.