Diferenzas entre revisións de «Zum ewigen Frieden»

m
Arranxos varios
m (Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética)
m (Arranxos varios)
== Estrutura ==
"Sobre a paz perpetua", preséntase como un tratado estruturado es dúas seccións:
A primeira contén seis artigos preliminares e a segunda, tres artigos definitivos para a paz perpetua entre os Estados.
 
Consta tamén de dous anexos ou apéndices:
 
== Resumo ==
O tema exposto neste ensaio filosófico “Sobre a paz perpetua” , publicado en [[1795]], é a posibilidade de lograr a paz efectiva e xusta no mundo. Kant establecerá unhas condicións obxectivas, xurídicas e políticas para que os Estados abandonen o militarismo e as ambicións territoriais. Deste xeito os Estados tentarán buscar a cooperación e a hospitalidade entre os pobos.
 
Kant considera que para conseguir a paz perpetua é necesario abolir ao exército así como crear unha Constitución republicana en cada Estado. Kant pretenderá que todos os Estados busquen a paz honestamente.
 
=== Segundo artigo para a paz perpetua: O dereito de xentes debe fundarse nunha federación de Estados libres ===
Os pobos poden considerarse segundo a súa natureza individuos que se prexudican uns a outros para manter a súa seguridade. Cada pobo debe esixir ao outro que entre nunha Constitución semellante á civil para garantir os dereitos de cada un. Isto sería unha confederación de pobos. Porén, habería unha serie de contradicións porque nun Estado necesítase a relación entre un superior (lexislador) e un inferior (o pobo). Polo que moitos pobos nun mesmo Estado pasarían a formar un único pobo e isto non debe ocorrer. De maneira que a única forma que teñen os Estados para conseguir o seu dereito só pode ser a través da guerra. Pero, o dereito non pode ser decidido a través dunha guerra nin sequera a través dunha vitoria e un tratado de paz unicamente acabaría coa guerra pero non coa situación de guerra. Ademais o estado de paz non pode establecerse sen un pacto entre os pobos. Así a federación da paz buscará acabar coa guerra mentras que o estado de paz acabaría con todas as guerras para sempre.
 
A federación mantén a liberdade dun Estado e tamén dos Estados federados para que non se sometan a leis públicas nin a coaccións. Esta idea débena adoptar os outros Estados para acadar a paz perpetua.
 
* Para que os homes poidan vivir sobre a terra, a natureza elixiu a guerra como medio. A guerra non necesita motivos especiais porque xa está presente na nosa natureza, incluso é considerada como algo nobre. Todo pobo acha outro pobo inimigo. Polo tanto, a Constitución republicana é a única adecuada para os dereitos dos homes, pero tamén é a máis difícil de instaurar e de conservar. Ademais os homes non están capacitados para unha Constitución tan sublime. Estes aproximan a súa conduta externa á idea de dereito pero non é a moralidade a causa dese comportamento. A natureza quere que o dereito se conserve na súa superioridade. O que non se faga agora rematará facéndose por sí mesmo.
 
* A idea do dereito de xente supón a separación dos Estados veciños. Aínda que esta situación é unha situación de guerra, é mellor que a súa unión a unha potencia que controle a todos os demais. Isto tamén faría perder a eficacia das leis xa que aumentarían os territorios a gobernar. Porén, todo Estado persegue a paz duradeira. Pero a natureza emprega medios para diferenciar os pobos causando o odio entre eles e a escusa para a guerra. A pesar de todo, estas diferencias ( lingua e relixión ) conducen á paz.
 
* Da mesma maneira que a paz separa pobos tamén os une. Trátase do espírito comercial que non pode convivir coa guerra. É o poder máis fácil de todos. Os Estados vense obrigados a fomentala paz e evitar a guerra por medio de negociacións.
 
* O ''peccatum philosophicum'': para conseguir un mundo mellor o Estado pequeno poderá ser conquistado por outro maior.
 
A política empregará para os seus propósitos unha ou outra rama da moral.
 
A política coincide coa moral no primeiro sentido, é dicir, sacrificar o dereito dos homes ao superior; pero, no segundo sentido da moral, a política non está de acordo e prefire negarlle toda realidade á moral e entender todos os deberes como actos de benevolencia.
 
A filosofía faría fracasar a unha política tenebrosa mediante a publicidade das súas máximas ( dereito político, dereito de xentes, dereito cosmopolita ).
393.002

edicións