Xoxoba: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}
m Arranxos varios
Liña 26:
 
== Usos ==
É o único vexetal que produce [[cera]] líquida ([[éster]]), con propiedades físicas e químicas de grande utilidade para unha ampla variedade de industrias básicas, entre elas [[cosmética]], [[lubrificante]]s, carburantes, [[cera]]s, plásticos, ordenadores e [[biodiesel]] (para a cal prevese un aumento aos poucos nas cantidades demandadas).
 
Esta especie espertou un grande interese mundial por mor das múltiples aplicacións que dela se obteñen. O [[aceite de xoxoba]] pode substituír os orixinados polos hidrocarburos con vantaxes adicionais, sendo ademais un recurso renovábel, a diferenza do petróleo. De acordo coa estrutura química e características físicas da molécula deste óleo ou cera líquida, pode chegar a substituir nun 80% os derivados do petróleo.
 
O aceite de xoxoba extráese polo prensado das súas sementes (froitos secos) e utilízase principalmente en produtos cosméticos sen ningún tipo de refinado mestuado con outras substancias ou simplemente so.
 
Non de moitas plantas se pode dicir como desta que fose apta para recuperar ambientalmente e economicamente zonas áridas e ao mesmo tempo axudar a minimizar a caza do [[cachalote]] (porque rempraza o [[espermaceti]] que estes producen nas súas enormes testas).
Liña 39:
Traballos recentes de selección realizados na [[Arxentina]], [[Colombia]] e [[Madagascar]], permitirin dispor hoxe en día de xenotipos capaces de florear e producir en zonas tropicais e subtropicais, onde a inmensa maioría dos [[xenotipo]]s de xoxoba dispoñíbeis comercialmente non logran satisfacer os seus requirimentos mínimos de [[vernalización]] [http://www.fincasdeambato.com.ar/es/paginas/cultivo_06_sec_01.htm#intoduccion]. Por exemplo, no caso de Colombia, nunha zona completamente cálida [[ecuatorial]] no territorio rural de [[Neiva]], a 450 [[msnm]], as plantas e clons seleccionados florean e abren a causa das choivas en inverno, proceso oposto ao cambio de estación e gran baixa de temperatura doutros hemisferios, polo que se pode facer a colleita dúas veces ao ano, característica produtiva única no mundo. Na súa localización orixinaria e demais latitudes onde se produce comercialmente, colléitase só unha vez ao ano, polo que podrla cultivar a escala nestas latitudes ecuatoriais sería unha vantaxe competitiva.
 
En Colombia xa están domesticadas as primeiras plantas coas mellores características de produción e adaptación ao medio tropical cálido e seleccionados os seus primeiros [[clon]]s, obtidos mediante o enraizamento de [[esgallo]]. Sábese que ao contrario doutras especies foráneas, a xoxoba ten demostrado ser moi adaptábel e produtiva fóra do seu [[hábitat]] natural, como xa aconteceu na Arxentina, Perú, Chile, Australia, Israel, Colombia, Madagascar, India, Exipto, Irán etc. Segundo unha autoridade técnica e científica mundial na materia, Ricardo Ayerza da Arxentina, se se poidese producir xoxoba nas latitudes tropicais sería un éxito agroindustrial enorme por obvias razóns.
 
Nunca houbo problema para a súa comercialización. A demanda está moi por riba da oferta dunhas 300.000 toneladas anuais e non houbo nunca problema para pór a xoxoba no mercado, é unha das especies que se poden cultivar baixo a modalidade de cultivo por contrato. Actualmente existen comercializadoras de aceite de xoxoba en todo o mundo dispostas a asinar contratos de compra de sementes a futuro cos produtores, no momento mesmo no que estes realicen a plantación.