Papel maché: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
m Arranxos varios
Liña 13:
 
== Usos ==
Adóitase usar para facer obxectos decorativos e utilitarios, e para decoración en relevo, ou para elaborar [[máscara]]s, [[disfraz|disfraces]] e [[utilería]] ou esculturas de [[entroido]] ou para teatro e cine.
 
== Elaboración da pasta de papel ==
O papel tállase en anacos dun tamaño aproximado de 3  cm de lado, mellor á man ca cunha [[tesoira]] para non cortar as [[fibra]]s. O primeiro corte debe facerse no sentido das fibras (de feito que o corte das tiras sexa dereito e estas queden alongadas), e despois as tiras córtanse en cadradiños. Os anacos bótanse nun caldeiro con [[auga]], preferiblemente quente, onde se deben deixar un par de días, para que sexa máis doado de bater, e faga mellor pasta. En caso de urxencia, o batido pode ser instantáneo, agás que sexa para facer pezas pequenas, que requiren unha pasta máis fina, con menos grumos.
 
Se se fai moita cantidade, non se bate no mesmo caldeiro, é mellor ir poñendo porcións deste papel remollado noutro caldeiro máis pequeno e ir batendo por porcións, deixando arrefriar a batedora frecuentemente para que non se queime. A masa xa batida vaise coando cun coador grande, sen estrullar a masa, axitándoa no coador para que escurra, e como moito, presionándoa suavemente coa palma da man enriba cando xa non escorre soa. Logo déixase nun coador grande de plástico (chamados coadores chineses ou de lavar verduras) para que siga escorrendo soa un pouco máis.
Liña 29:
Cando a peza comeza a despegarse, débese tirar con delicadez dela para sacala do molde. Recórtanse cunha coitela os bordos e demais imperfeccións, e dáselle unha capa de cola con po de xiz (na primeira capa licúase un pouco máis esta mestura). Ao secar dánselle novas capas, coa mestura un pouco máis espesa, e estendéndoa ben, sobre todo nas zonas afundidas, lixando entre capa e capa. Tamén poden corrixirse pequenos defectos enchéndoos con pequenas porcións dunha mestura a base de pasta de papel con crema de cola, defacendo ben cunha espátula os grumos do papel, para obter unha pasta máis fina.
 
Como acabado, antes de pintar e despois de lixar, pódese aplicar unha capa de cola rebaixada con auga
 
== Pasta de papel para modelar ==