Auschwitz-Birkenau: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios
Liña 34:
A Alemaña nazi construíu a partir de [[1940]] varios campos de concentración e un [[campo de exterminio]] en Auschwitz, que, do mesmo xeito que todos os demais campos de concentración, estaban dirixidos pola Schutzstaffel ([[SS]]) comandada por [[Heinrich Himmler]]. Os comandantes do campo foron [[Rudolf Höß]] (ás veces escrito "Hoess") até o verán de [[1943]], ao que lle seguiron [[Artur Leibehenschel]] e [[Richard Baer]].
 
Höß deu unha descrición detallada do funcionamento do campo durante o seu interrogatorio nos [[Xuízos de Nuremberg]], detalles que complementou na súa autobiografía. Höß foi executado en [[1947]] en fronte da entrada ao crematorio de Auschwitz I.
 
O [[17 de xaneiro]] de [[1945]] o persoal nazi iniciou a evacuación de Auschwitz. A maioría dos prisioneiros deberon marchar cara ao oeste. Aqueles demasiado febles para camiñar foron deixados atrás. Preto de 7.500 prisioneiros foron liberados polo [[exército Vermello]] o [[27 de xaneiro]] de 1945.
Liña 52:
O bloque 11 de Auschwitz I era ''a prisión dentro da prisión'' e alí se aplicábanse os castigos. Algúns deles consistían no confinamento por varios días nunha cela moi pequena para sentarse. Outros eran executados, pendurados ou deixados morrer de fame.
 
En setembro de [[1941]], a SS realizaron no bloque 11 as probas do gas [[Zyklon B]] nas que morreron 850 prisioneiros polacos e rusos. As probas foron consideradas un éxitos e en consecuencia construíronse unha cámara de gas e un crematorio. Esta cámara de gas foi utilizada entre 1941 e [[1942]] para logo ser convertida nun refuxio anti-aéreo.
 
A primeira muller chegou ao campo o [[26 de marzo]] de 1942. Entre abril de [[1943]] e maio de [[1944]] se levaron a cabo experimentos de esterilización sobre mulleres xudías no bloque 10 de Auschwitz I. O obxectivo era o desenvolvemento dun método sinxelo que funcionase cunha simple inxección para ser utilizado coa poboación eslava. O doutor [[Josef Mengele]] experimentou con xemelgos neste mesmo complexo. Cando un prisioneiro non se recuperaba rapidamente, xeralmente era executado aplicándolle unha inxección letal de [[fenol]].
Liña 62:
Auschwitz II (Birkenau) é o campo que a maior parte das persoas coñece como Auschwitz. Alí se encerraron centenas de millares de xudeus e alí tamén se executaron mais dun millón de xudeus e xitanos.
 
O campo está localizado en [[Brzezinka]] (Birkenau), a 3  km de Auschwitz I. A construción se iniciou en 1941 como parte da '''Endlösung der Judenfrage''' ([[solución final]]). O campo tiña unha extensión de 2,5  km por 2  km e estaba dividido en varias seccións, cada unha delas separadas en campos. Os campos, como todo o complexo enteiro estaban cercados e rodeados de arame farpados e cercas eléctricas (algúns prisioneiros utilizaron o cerco eléctrico para se suicidar). O campo albergou até 100.000 prisioneiros en momentos dados.
 
O obxectivo principal do campo, non era de manter prisioneiros como forza traballadora (como era o caso de Auschwitz I e III) senón o seu exterminio. Para cumprir con este obxectivo, equipouse o campo con catro crematorios con [[cámara de gas|cámaras de gas]]. Cada cámara de gas podía recibir até 2.500 prisioneiros por quenda. O exterminio a grande escala comezou na primavera de 1942.
Liña 71:
Cando un prisioneiro pasaba a selección inicial, era enviado a pasar un período de corentena e logo lle atribuían unha tarefa ou era enviado a traballar nalgún dos campos de traballo anexos.
 
Aqueles que eran seleccionados para exterminación eran enviados a un dos grandes complexos de cámaras de gas/crematorio para os extremos do campo. Dous dos crematorios (Krema II e Krema III) tiñan instalacións subterráneas, unha sala para espir e unha cámara de gas con capacidade para millares de persoas. Para evitar o pánico, informábase ás vítimas que recibirían alí unha ducha e un tratamento desinfectante. A cámara de gas inclusive tiña tubulacións para duchas, aínda que nunca foron conectadas co servizo de auga. Ordenábase ás vítimas que se espisen e deixasen os seus enseres no vestiario, onde supostamente as poderían recuperar ao final do tratamento, de maneira que debían recordar o número da localización das súas pertenzas. Unha vez selada a entrada, descargábase o axente tóxico [[Zyklon B]] polas aberturas no teito. As cámaras de gas nos crematorios IV e V tiñan instalacións na superficie e o Zyklon B se introducía por xanelas especiais nas paredes. Logo, despois de mortos, os corpos eran levados a unha sala de fornos anexa por prisioneiros seleccionados, chamados ''[[Sonderkommando]]'', onde eran incinerados.
 
[[Alemaña]] invadiu [[Hungría]] en marzo de 1944; entre maio e xullo de 1944, preto de 438.000 xudeus da Hungría foron deportados para Auschwitz-Birkenau e a maioría foron executados alí. Había días nos que os fornos non daban abasto e se tiñan que queimar os corpos en fogueiras ao ar libre.
Liña 91:
 
== Evacuación e liberación ==
As cámaras de gas de Birkenau foron destruídas polos nazis en novembro de 1944 coa intención de esconder as actividades do campo das tropas soviéticas. O 17 de xaneiro de [[1945]] os nazis iniciaron unha evacuación do campo. A maioría dos prisioneiros deberían partir para o oeste. Aqueles moi fracos para camiñar foron deixados atrás. Preto de 7.500 prisioneiros (ou 3.000 segundo outras fontes) pesando entre 23 e 35  kg, foron liberados polo [[Exército Vermello]] o [[27 de xaneiro]] de 1945.
 
== Algúns prisioneiros coñecidos ==
Liña 132:
* Inside the Concentration Camps, Praeger Paperbac, 1996, ISBN 0-275-95447-1
* Otto Friedrich, ''The Kingdom of Auschwitz : 1940-1945'', Perennial, 1994, ISBN 0-06-097640-3
* Antoni Jakubski, Organizacja Niemieckich Obozów Koncentracyjnych [ORGANIZATION OF GERMAN CONCENTRATION CAMPS], Niepodleglosc (Independence) vol. III/1948, Pilsudski’ Institute, NY 1948- pp. 173-217 173–217)
* Dziura-Dziurski, Major, ''Freedom Fighter'', Dewar, Portland, Australia 1983,
* Nyiszli, M.Dr., ''A Doctor's Eywitness Account'', Arcade, NY 1993,