Romaría Viquinga de Catoira: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Cambio o modelo: Referencias; cambios estética
m Arranxos varios
Liña 1:
[[Ficheiro:Barco viquingo festa catoira.jpg|dereita|thumb|240px|Nave viquinga na Ría de Arousa.]]
A '''Romaría Viquinga de Catoira''' é unha festa profana que se celebra en [[Catoira]] nas contornas do ''[[castellum honesti]]'', as actuais [[Torres de Oeste]], cada primeiro domingo de agosto dende o ano [[1961]], lembrando o papel que tivo Catoira na defensa de Galiza fronte aos ataques [[Normandía|normandos]] na procura do tesouro da Igrexa compostelá, e onde se escenifican as [[Viquingos en Galicia|invasións viquingas]] ocorridas no lugar hai arredor de mil anos.
 
Os veciños de Catoira véstense de guerreiros viquingos e de campesiños galegos da época para representar a loita. A festa comeza ás 10 da mañá cos música popular galega polas rúas da vila. Mais a festa en si faise arredor dos restos das torres e da Capela de Oeste, na beiramar da Ría de Arousa co río Ulla, onde se instala a feira medieval onde se ofrecen [[mexillón]]s e viño do Ulla.
Liña 10:
Despois de que no século XII a monarquía doase o Castelo á mitra compostelá, os bispos [[Cresconio]] e [[Diego Peláez]] continuaron a fortificar a cidadela, para a defensa de Santiago. Ademais disque no Castelo naceu [[Diego Xelmírez]], primeiro arcebispo de Santiago, xa que seu pai, o cabaleiro Xelmirio, fora alcaide da fortaleza no século XI.
As torres impediron durante séculos o ascenso polo Ulla dos exércitos normandos e sarracenos; o deseño final do século XIII era un recinto elíptico con sete torres (fican no século XXI en pé, só dúas do século XI; as ruínas doutras dúas son do século XII, sendo de época romana os restos doutras que se orientan cara ao interior). No medio existía unha gran torre central.
Na Alta Idade Media chegan a Jakobsland (Terra de Xacobe, nome que eles lle daban a [[Reino de Galiza|Galiza]]) as primeiras vagas de piratas normandos atraídos polas novas sobre as riquezas da capital compostelá. Os viquingos saquean e queiman vilas en toda a costa, e entran pola [[Ría de Arousa]] acadando en [[850]] [[Iria Flavia]], provocando a fuxida do bispo e do cabido a Compostela. Nos anos [[859]] e [[968]] fíxose, porén, unha boa defensa galega dende o ‘’Castellum Honesti’’ (Torres de Oeste), conseguindo deter o ataque escandinavo e impedindo que estes acadasen Compostela.
 
Despois de que o [[Reino de Galiza]] perdese o seu poder lexislativo, pasando a depender da coroa de Castela, e especialmente a partir do reinado dos [[Reis Católicos]], Catoira entra nun período de progresiva decadencia. As torres servirán de canteira para as vilas da zona.
Liña 18:
A festa comezou a celebrarse en [[1961]]. A primeira etapa foi a do Ateneo do Ullán entre 1961 e 1964. Todo comezou no ano 1959, cando o poeta e crego de [[Isorna, Rianxo|Isorna]], Faustino Rey Romero e mailo poeta catoirense Baldomero Isorna Casal, fundan o Ateneo do Ullán, un foro artístico e literario formado por intelectuais das terras do Ulla. Este grupo de intelectuais son que decidiron en 1960, nunha das súas tertulias, que estaría ben celebrar a xeito de festa o desembarque do rei Ulfo. A primeira Romaría Viquinga tivo lugar o 29 de xullo do 1961, cunha misa na Capela de Santiago das Torres de Oeste, na memoria de [[Diego Xelmírez]], e demais defensores da fortaleza. Ademais Pedro Montañés, coroado con pólas de árbores, representaba o temíbel viquingo Ulfo, e saltaba á terra dende a súa dorna, para ir ao encontro do bispo Cresconio, representado por Rey Romero que, con solemnes palabras, dominaba o invasor, facéndolle axenlloarse sumisamente ante o representante da cristiandade. Despois tiña lugar un xantar campestre co son dunha banda de gaiteiros, ademais dun acto literario no que participaban escritores da comarca, e no que se basea o actual pregón das festas. Á noite, nas [[amea]]s das torres, acendíanse [[cacharela]]s para lembrar o xeito no que noutrora se anunciaba a arribada de piratas na ría<ref>[http://www.vikinga.es/ A partir da información da páxina web do concello sobre a festa.]</ref>.
 
A segunda etapa comeza en 1965 e dura até 1990, é o período de consolidación da romaría, desta volta patrocinada pola empresa local de Cerámica Domínguez do Noroeste S.A. e organizada polos seus traballadores. En 1988 a festa foi declarada de "Interese Turístico Nacional".
 
A terceira e última etapa comeza en 1991, cando é o propio Concello de [[Catoira]] quen colle a rendas da festa, é o período de proxección internacional, orixinando o irmandamento coa vila dinamarquesa de Frederikssund.
No ano 2002 a festa foi declarada de "Interese Turístico Internacional". <ref>[http://www.paxinasgalegas.es/fiestas/lv-romar%C3%ADa-vikinga-catoira-0076.html Páxinas Galegas]</ref>
 
== Irmandades de Catoira ==